
Fondo solidario de libros de texto e axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar
CONVOCATORIA PARA A PARTICIPACIÓN NO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR
1.- NORMATIVA REGULADORA.
ORDE do 10 de maio de 2023 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2023/24. (DOG, 19/05/2023)
2.- DESTINATARIOS.
- Alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria e Ed. Especial: Axudas para adquirir libros de texto.
- Alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria: Fondo solidario de libros de texto.
- Todo o alumnado de Educación Primaria: Axudas para a adquisición de material escolar.
3.- PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES.
· Poderán presentar solicitudes de participación do fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar (modelo ED330B) os pais, nais, titores ou representantes legais do alumnado.
· A solicitude será única para todos os fillos que estean admitidos no mesmo centro docente para o curso 2023/24, e nela especificarase o nivel de estudos que espera realizar cada un deles no citado curso. Se estivesen admitidos en centros docentes distintos, presentarase unha solicitude en cada un dos centros, en que se incluirán os admitidos nese centro para o curso 2023/24.
· As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado (ED330B-anexos I e II) accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
· Opcionalmente, poderá presentar as solicitudes presencialmente na Secretaría do colexio en horario de 9:10 a 13:30 ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
· Para a presentación electrónica de solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluíndo o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
· O formulario de solicitude tamén estará dispoñible nos centros educativos e na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.
· A solicitude deberá estar asinada polo pai, nai, titor/a ou representante legal do alumnado.
4.- PRAZO PARA A PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES.
Do 20 de maio ao 21 de xuño de 2023 (ambos incluídos)
5.- DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR.
As persoas interesadas deberán presentar:
· Copia do libro de familia ou documento equivalente, onde figure o/a alumno/a e os demais membros computables da unidade familiar.
En caso de separación ou divorcio, ademais deberán achegar a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor.
ADMISIÓN ALUMNADO - CURSO 2023/2024
TODO O ALUMNADO QUE SOLICITOU PRAZA NO NOSO CENTRO, RESULTOU ADMITIDO.
Documentación necesaria
- Copia do DNI da persoa solicitante e dos membros computables da unidade familiar, cando denegue a súa consulta (art. 32)
- Copia do libro de familia ou documento equivalente onde figure o/a alumno/a e os demais membros computables da unidade familiar. En caso de separación ou divorcio, deberán achegar ademais a sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou o convenio regulador onde conste a custodia do menor. (art. 31)
- No caso de optar a un curso de Primaria, deberán achegar tamén certificación de matrícula do centro de procedencia.
A efectos de comprobación, é necesario presentar o orixinal de todos os documentos fotocopiados.
Prazos
- 1 ao 20 de marzo de 2023: presentación solicitude.
- 21 de marzo ao 3 de abril: presentación documentación acreditativa en caso de baremar.
- 25 de abril: listaxe provisional de admitidos e non admitidos.
- 15 de maio: publicación das listaxes definitivas.
- Do 20 ao 30 de xuño: formalización matrícula.
Documentos e impresos
- Circular informativa do centro sobre o proceso.
- Circular informativa xeral sobre o proceso.
- Impreso de solicitude de admisión: en galego e en castelán.
- Vacantes: oferta de postos escolares dispoñibles para o curso 2023/2024.
- Criterios de baremación.
- Mapa das zonas de influencia de centros públicos de Infantil e Primaria.
- Criterio complementario do centro.
- Anuncio do sorteo público anual das letras de prioridade para resolver os empates no procedemento de admisión de alumnado no curso 2023/2024.
Lexislación básica
RESERVA DE PRAZA - CURSO 2023/2024
*** Todo o alumnado do noso centro que presentou a reserva de praza no IES Sardiñeira está admitido***
Seguindo o establecido na ORDE do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, comeza o prazo para a reserva de praza daquel alumnado de 6º de Educación Primaria que queira continuar os seus estudos da ESO no IES SARDIÑEIRA ao que está adscrito o noso colexio.
O prazo para a presentación de solicitudes de reserva de praza é do 16 de xaneiro ao 6 de febreiro ambos inclusive.
A solicitude pode cubrila dixitalmente na aplicación admisión alumnado e logo presentala asinada no centro ou en Sede electrónica.
Se non desexa cubrir a solicitude dixitalmente pode facelo de xeito manual descargándoa no seguinte enlace, cubríndoa e presentándoa firmada na secretaría do noso colexio.
* Esta solicitude tamén está a súa disposición na secretaría do cole e levarana o martes17 as alumnas e alumnos de 6º.
Importante: A solicitude de reserva deberá estar asinada por calquera das persoas proxenitoras, titoras ou acolledoras da alumna/o. Deberá constar o consentimento expreso da outra persoa proxenitora, titora ou acolledora; o anexo de comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar e consentimento.
A consulta das listaxes de alumnado admitido, que se publicarán o día 22 de febreiro, debe realizarse no centro no que está matriculado no presente curso ou na aplicación admisionalumnado.
Pode axudar este manual : - MANUAL PARA FAMILIAS
O venres 27 de xaneiro ás 16:00 horas e o sábado 28 de xaneiro ás 12:00 horas, o IES SARDIÑEIRA invita ás nais e pais do alumnado de 6º a unha xornada de portas abertas onde poder visitar o centro e solventar dúbidas.
De non escoller o IES SARDIÑEIRA, deberán presentar o IMPRESO ED550B no IES elexido entre o 1 e o 20 de marzo ambos incluídos, ou ben na Sede electrónica da Xunta ou na aplicación admisión alumnado.
ENTROIDO 2023
Que ben o pasamos no desfile do Entroido despois de tanto traballo para facer os disfraces!!
ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2023-2024 - XORNADA PORTAS ABERTAS
Poden visitar o centro, solicitando cita previa os días:
- 13 de febreiro de 2023 ás 17:30 h.
- 27 de febreiro de 2023 ás 17:30 h.
- 6 de marzo de 2023 ás 17:30 h.
RECAUDACIÓN SOLIDARIA CARREIRA ENKI 2022
Hoxe venres 20 de xaneiro fixemos entrega, a Ángel López presidente da Fundación Abrente,do importe recaudado na Carreira Enki celebrada no noso colexio o día 2 de Decembro de 2022.