Skip to Content

ACTIVIDADE EXTRAESCOLAR - INGLÉS

Información relativa a Masterclass School of English de cara a este vindeiro curso 2021-2022.

 

PRAZO DE INSCRIPCIÓN: Aberto

DATA COMEZO CLASES: 1 de Outubro

PREZOS:

Si acadamos un mínimo de 10 alumnas e alumnos do centro: 45€ mensuais

Si non se acada o mínimo de 10 alumnas e alumnos do centro: 60€ mensuais

 

LOCALIZACIÓN: 

Avda. de Los Mallos, 24 Bajo - A Coruña

Telf.: 981 153 421

info@masterclassingles.com

https://www.masterclassingles.com/

LISTAXES DE MATERIAL ESCOLAR CURSO 2021-2022

Pinchando nos seguintes enlaces poden consultar os listados de materiais para os cursos de Infantil e Primaria

Infantil

1º e 2º de Primaria

3º e 4º de Primaria

5º e 6º de Primaria

REUNIÓNS INFORMATIVAS PRINCIPIO DE CURSO 2021/2022 COS TITORES/AS

Reunións de inicio de curso das familias cos titores/as

REUNIÓNS DE INFANTIL

 4º E.I. (3 anos)    Martes 7 de setembro ás 12:00 h.

 

5º E.I. (4 anos "A")    Martes 7 de setembro ás 10:00 h.

           (4 anos "B")    Martes 7 de setembro ás 11:00 h.

 

6º E.I. (5 anos)    Martes 7 de setembro ás 10:00 h.

 

IMPORTANTE!!!

 Só poderá asistir un proxenitor/a ou representante por alumno/a, debido ás restricións de números de persoas en reunión, que as autoridades sanitarias teñen decretado.

A persoa que asista deberá vir con máscara e un bolígrafo para cubrir a folla de actualización de datos que se dará. Os que envíen a algún representante, entregarán eses documentos no centro, a través do alumno/a, o primeiro día de clase.

 

Para calquera aclaración, poden chamar ao 981 248796 en horario de 9 a 14h.

 

REUNIÓNS DE PRIMARIA

 

1º , 3º e 5º EP      Luns 4 de outubro ás 16:00 h.

2º e 4º EP   Luns 4 de outubro ás 16:45 h.

6º EP    Luns 4 de outubro ás 17:30 h.      

COMEZO DO CURSO 2021/2022

As clases comezarán o día 9 de setembro de 2021 para todo o alumnado no horario habitual de todo o curso.

 

ENTRADA

Ás 9:00

      - 1º e 2º de Primaria pola porta pequena.

      - 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria polo portalón grande.

As portas abriranse ás 08:55

Cando o profesorado de garda o indique, accederán ao recinto, entrando sós ata a súa clase.

 

Ás 9:05

       - Todo o alumnado de Infantil entrará pola porta pequena, acompañados dun familiar, dirixíndose polo lado do colexio segundo a súa clase, ata o porche cuberto. Alí agardarán para entrar todos xuntos co seu titor ou titora.

 

Os que teñan irmáns maiores poderán entrar ás 9:00 con eles.

** Durante o período de adaptación o alumnado de 4º de Infantil entrará á hora que lle corresponda segundo o día**

Do 9 ao 15 de setembro incluídos: De 11:00 a 13:45

Do 16 ao 21 de setembro incluídos: De 10:00 a 13:45

A partires do 22 de setembro: De 9:05 a 13:45

 

SAÍDA

Ás 13:45

      - Abrirase a porta pequena para que os familiares do alumnado de Infantil pasen ata o porche cuberto para recollelos. A saída realizarase, o antes posible, polo portalón grande.

      - O alumnado que vaia a comedor, será recollido polo persoal do comedor.

Ás 13:55

      - Irán saíndo os de Primaria, comezando polos cursos máis baixos.

      - 1º e 2º sairán pola porta pequena. 3º, 4º, 5º e 6º sairán polo portalón grande.

As familias do alumnado de Primaria non poderán acceder ao recinto escolar. Se necesitaran facelo por algún motivo, deberán chamar antes ao centro para avisar.

 

Prégase respecten as distancias de seguridade e non formen aglomeracións.

 

CALENDARIO ESCOLAR CURSO 2021-2022

Orde do 19 de maio de 2021 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2021/22 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia.

 

Artigo 5. Actividades lectivas

 1. En educación infantil, educación primaria e educación especial, as actividades lectivas realizaranse do día 9 de setembro de 2021 ao 22 de xuño de 2022, ambos inclusive.

Artigo 6. Vacacións escolares

– Nadal: desde o día 22 de decembro de 2021 ata o día 7 de xaneiro de 2022, ambos inclusive.

– Entroido: os días 28 de febreiro, 1 e 2 de marzo de 2022.

 

– Semana Santa: desde o día 11 ata o día 18 de abril de 2022, ambos inclusive.

Artigo 7. Días non lectivos

          2. Este curso o centro pode elixir dous días non lectivos de libre elección que aínda están por decidir.

          3. Establécese o Día do Ensino coa consideración de non lectivo para efectos académicos: no curso 2021/2022 se celebrará o 11 de outubro de 2021.

Disposición adicional segunda. Período de adaptación 4º Ed. Infantil.

Do 9 ao 15 de setembro incluídos: De 11:00 a 13:45

Do 16 ao 21 de setembro incluídos: De 10:00 a 13:45

 

A partires do 22 de setembro: De 9:05 a 13:45

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES CURSO 2021/2022

Estimadas familias,

Como xa sabedes, os que levades varios anos no noso colexio, ningún ano é fácil a organización e consecución de actividades extraescolares. Por ende, este ano temos a dificultade engadida de toda a problemática derivada do covid-19.

O ano pasado non se pudieron levar a cabo as actividades extraescolares por diversos motivos, pero a nosa intención e intentar recuperar a normalidade o antes posible pero mantendo, en todo caso, todas as medidas de seguridade.

ACTIVIDADES A TRAVÉS DA FEDERACIÓN:

Axuntamos tamén a información da totalidade de actividades que ten plantexadas a Federación de ANPAS en colaboración co Concello da Coruña. De todas elas, nós como ANPA debemos decidir cales imos querer que se leven a cabo no noso colexio e en qué días, polo que pedimos a vosa participación para coñecer os vosos intereses e así intentar acertar coas actividades que teñan máis probabilidades de ser elixidas.

Como podedes ler na información destas actividades, esixen un mínimo de 10 participantes, polo que mantense a problemática de chegar a formar grupo; por ende, hai que intentar elixir actividades que poidan ter amplia aceptación.

Asemade, temos que concretar desde a ANPA as actividades escollidas para o noso colexio antes do día 1 de setembro, por ser a data na que abren os períodos de inscrición, polo que é fundamental que nos trasladedes os vosos intereses canto antes.

ACTIVIDADES A TRAVÉS DE CLUBES DEPORTIVOS PRIVADOS:

Este ano queremos reunirnos coas persoas que anos anteriores impartiron as actividades deportivas, concretamente Judo e Baloncesto (se seguisen a ser do voso interese), así como dalgunha outra na que se viran opcións de formar grupo e levar a cabo a actividade.

É por iso que pedimos a vosa colaboración respondendo á enquisa da que vos pegamos enlace, para poder ter información dos vosos intereses e así poder ir facendo xestións canto antes e intentar facer todo o posible para que se leven a cabo a maioría de actividades posibles.

https://forms.gle/zDUNh3sosZ8pYwcZ8

 

Coma sempre, calquera dúbida que teñades, preguntádenos sen problema.

 

Moitas gracias de antemán pola vosa colaboración.

Un saúdo,

ANPA SARDIÑEIRA José Cornide · Correo electrónico: anpa.sardinheira@gmail.com · Whatsapp: 693 39 93 25

 

IMPORTANTE!!!!! INSCRICIÓN COMEDOR ESCOLAR - CURSO 2021/2022

Período de inscrición do 10 ao 30 de agosto

 

A continuación hai uns documentos coa información.

Este é o enlace para a inscrición dos socios

https://forms.gle/2ebMoNn5girqBLhK9

LIBROS DE TEXTO CURSO 2021-2022

Achegamos a listaxe en pdf de libros por cursos.

Programa ARCO 2021

Distribuir contido


by Dr. Radut