pedagoxía terapéutica

Presentación

Ola nenas e nenos do cole Xosé Cornide!

  Para axudarnos a pasar esta situación nunca vivida ata o momento, imos aproveitar a coñecernos un pouquiño máis a nós mesmos, para iso vouvos a deixar uns enlaces para traballar as nosas emocións tan importantes agora e sempre, un pouquiño a concentración, a atención, e algunha cousa máis que vaiamos necesitando nestes momentos.

Tamén quero mandarvos  unha aperta moi grande e desexando poder vernos pronto.

 Loli

Acertixos

Ola! unha semana máis aquí estamos para traballar un pouquiño, pero  de maneira divertida, esta vez tócalle o turno aos

ACERTIXOS,  hai coma sempre para todos os gustos e idades, se clicades nas imaxes  abriranse un amplo abano de acertixos, espero

que atopedes o que máis se adapte a vos e que os disfrutedes tanto de maneira individual como en familia, unha aperta para todos!

   

 

                                                       

 

Creamos un Cómic

Estos días propóñovos crear un cómic, unha tarefa divertida e creativa, coma moitas veces tendes un arquivo para os máis maiores e outro para os máis peques da escola, Moito Ánimo, que xa qeuda pouco.

 

 

 

                                                 

                                                  .                                                

conZENtrate, un montón de diversión en familia.

Neste caderno  propóñense unha serie de actividades para realizar en familia que axudarán a xestionar o tempo de maneira productiva.

As actividades propostas están deseñadas para toda a familia.

Atoparedes moitos tipos de tarefas: experimentos, libros, exercicios de memorizar, receitas de cociña e moitas máis, coma sempre espero que vos

guste e que pasedes un tempiño divertido coas vosas familias!

Tedes diferentes enlaces según  as vosas idades:

 

                  conZENtrate para E.I

              conZENtrate para 1º e 2º de E.Pr.

              conZENtrate para 3º e 4 º de E.Pr.

              conZENtrate  para 5º e 6º de E.Pr.

Mecanografía

 OLa! buscando, buscando atopei outro recurso moi chuli para aqueles que lle colléchedes o gusto a mecanografiar ou pola contra aqueles que preferides outro método "TYPINGCLUB" . Paréceme interesante insistir na mecanografía porque ademáis de ser un recurso moi útil tamén traballamos a coordinaacion, pricomotricidade fina e maila atención e a concentración, por iso vos animo a todos a practicar un pouquiño!! coma sempre se pinchades na imaxe entraredes no enlace.

 

                                                      

Esta semana mecanografiamos con VEDOQUE

Ola! xa estamos aquí unha semana máis, esta semana vou a propoñer unha páxina web "VEDOQUE" moi divertida que ten xogos e actividades tanto para o alumnado de E.Infantil coma para o de E.Primaria, pero na que a min particularmente gústame moito como ensina mecanografía mediante o xogo, así que vos animo a que premades na imaxe e descubrades esta páxina!

 

                                                       

Seguimos a traballar a ATENCIÓN, CONCENTRACIÓN E MEMORIA esta vez axudándonos do noso corpo co BRAIN GYM

     Pinchando na imaxe atoparedes unha breve explicación para saber en que consiste o Brain Gym, espero que vos guste!

 

 

                                                                                 

Brain Gym

 

Para traballar de maneira doada e diferente a Atención a Concentración e a Memoria, preme na imaxe e atoparás o  vídeo :

                                                      

 

                                                             

Para traballar a ATENCIÓN

 Esta semana propoño unhas actividades para traballar a ATENCIÓN , premendo na imaxe atoparedes actividades para os máis maiores, anímovos a que busquedes a que se adapte máis a vos!

                                                             

 

 

 

 

ATENCIÓN

Seguindo coa  ATENCIÓN para os máis pequenos premendo na imaxe tamén atoparedes moitas actividades divertidas, espero que vos gusten!

 

 

                                                             

Powered by Drupal - Design by artinet