Skip to Content

Robótica

EXPERIENCIAS COS ROBOTS

 

Aquí vemos unha das intervencións das alumnas amosando ó resto do centro educativo as súas programacións de diferentes tipos (bailes, cancións, programas de luz e movemento)

 

 

E aquí vemos a pista de probas cun circuito feito polo alumnado na biblioteca, no que poñían a proba as programacións de movemento, seguimento, sensores de ultrasón, detección de obxectos, etc.

 

ROBOTS EN FAMILIA

Damos as grazas á familia de Diego e Mateo que nos contaron a súa experiencia cos robots. 

PRIMEIROS PASOS COS ROBOTS

Nun primeiro paso, elaboran unha programación en linguaxe scratch. Previamente nas aulas, dentro das materias de lingua castelá e matemáticas, explícaselles que é e como funciona unha linguaxe de programación ós cursos entre 3º e 6º.

 

A aplicación para manexar e programar os robots é mBlock.

   

 

A continuación proban no robot a programación.

 

E corrixen o programa, ata acadar o efecto esperado, manexando a linguaxe de programación nos seus diversos parámetros.

PROXECTO INNOVACIÓN "Introdución á robótica educativa en Educación Primaria"

Concedéronnos o programa de innovación educativa "Introdución á robótica educativa en primaria".

Este programa vai dirixido ao alumnado de 4º, 5º e 6º de educación primaria e ten como principal fin que o alumnado poida iniciarse na experiencia de programación básica, robótica e construción.

Aínda que o programa vai dirixido aos cursos antes mencionados, a nosa idea é que se beneficien del todo o alumnado do centro segundo as súas posibilidades. Así mesmo, todo o profesorado do centro participará neste programa.

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional dotounos do seguinte material:

- 6 robots de uso educativo, adecuados ás idades do alumnado.

- 6 kits de construción, que permiten a realización dun mínimo de 5 proxectos diferentes.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut