Skip to Content

5º Primaria

SEMANA DA CIENCIA

Semana da ciencia

Do 7 ao 15 de novembro celebramos a Semana da ciencia no Ceip José Cornide e os nenos e nenas de 5º e 6º de Primaria disfrutamos experimentando con materiais que todos podemos atopar nos nosos fogares. 

Pasámolo en grande!

 

REVISTA "O PAPAGAIO" DE XUÑO

Xa tedes aquí o novo número do Papagaio de xuño.

https://www.flipsnack.com/edicionsmoitoconto/o-papagaio-9-xu-o.html

Que a desfrutedes con saúde! Marcos.

VISITA VIRTUAL AO MUNCYT

Hoxe o MUNCYT ábrenos as súas portas para unha visita virtual

Nesta ligazón:

http://intranet.peragallo.es/MUNCYT/

podedes ver algunha das salas do museo nun "paseo virtual".

Para os máis avezados viaxeiros virtuais, propóñolles unha pregunta fácil: cantos asentos hai na cabina do avión de Iberia que está no museo? (sen contar o do piloto)

E unha pregunta para expertos: ¿cal é a inscripción que figura na porta dos aseos da mesma cabina?

Saúdos e boa viaxe. Marcos

SOCIAIS: O CLIMA E A PAISAXE

Empezamos o repaso e unha breve ampliación do tema "clima e paisaxe", para 5º e 6º. Esta unidade durará dúas semanas, así que podes dividir o traballo en catro sesións.

Como era a paisaxe e os ecosistemas da península ibérica hai cen anos?

e 1000 anos?

Como inflúe o clima na vexetación? E as actividades humanas?

como inflúe a contaminación na paisaxe?

Qué sectores económicos inflúen máis negativamente na conservación da paisaxe?

Observa este documental sobre a paisaxe máis abundante no norte da península: (dúas partes)

https://www.rtve.es/alacarta/videos/el-hombre-y-la-tierra/hombre-tierra-...

https://www.rtve.es/alacarta/videos/el-hombre-y-la-tierra/hombre-tierra-...

Para que repasedes as características dos climas déixovos este video:

https://www.youtube.com/watch?v=xGwxutJRb9U

e para que relacionedes clima e paisaxe, este outro:

https://www.youtube.com/watch?v=l6hy4TLNrKY

 

Para esta unidade, podes facer algunha destas actividades, ou , se é posible, todas. Envíaas como é costume, ó meu correo: marcos.casas@edu.xunta.gal

1 Debuxa un mapa parecido ó que aparece no minuto 2.06 do primeiro documental (Prisioneros de los bosques). No mapa inclúe en cada zona da península ibérica e as illas, polo menos unha especie que sexa abundante nesa área. (podes facelo mentres ves o cuarto documental)

2 Enche este quiz e envíame unha captura de pantalla co resultado, ou cóntame nun correo cal foi a túa puntuación.

https://www.goconqr.com/quiz/4799164/paisajes-de-espa-a

3 debuxa un mapa da península e as illas cos climas de cada zona, como o que aparece nos documentais sobre climas (3º e 4º)

 

Moito ánimo e Saúde! Marcos.

 

 

 

 

NATURAIS: A NUTRICIÓN

Empezamos un novo repaso, e será sobre outro tema, común a 5º e 6º, a función de nutrición. Estes días estamos vendo o importante que é a nutrición para manternos sans e para recuperar a saúde se estamos enfermos. Vemos como para cada enfermidade hai unha dieta correcta, e as descompensacións na dieta provocan diferentes enfermidades.

Para ir repasando, déixovos aquí uns materiais para estudar os contidos relacionados coas funcións do corpo humanos, e específicamente a nutrición. Esta actividade repartirémola nas dúas semanas vindeiras.

Introducción: as funcións vitais:

https://www.youtube.com/watch?v=pc6UondCrJg

A dixestión:

https://www.youtube.com/watch?v=L9ZpQMPtLNI

Nesta reportaxe tendes a realidade da nutrición arredor do mundo. Lede os textos que acompañan ás fotos para entender como noutros lugares, seres humanos de diversos países e etnias, cumplen a súa función de nutrición. Pensade, cal sería a fotografía que mellor describiría o voso tipo de nutrición? Podedes enviala ó meu correo marcos.casas@edu.xunta.gal

https://www.nationalgeographic.com.es/mundo-ng/grandes-reportajes/la-evo...

Un vídeo algo máis realista sobre o sistema dixestivo:

https://www.youtube.com/watch?v=DSQd_hVFmME

 

E para rematar, este pequeno set de quizz's. Cando rematedes un, dous ou todos, enviádeme unha captura de pantalla, ou simplemente escribídeme a puntuación que fostes capaces de conseguir en cada un (podedes repetilos ata que esteades satisfeitos). Lembrade que tendes dúas semanas.

Para dummies:

https://www.goconqr.com/quiz/13875569/2-1-3-evaluaci-n-nutrici-n-

Para os que algo saben:

https://www.goconqr.com/quiz/6775353/preguntas-de-nutricion

Para os enterados:

https://www.goconqr.com/quiz/16465572/1er-examen-nutricion

Para os que estiveron moooi atentos:

https://www.goconqr.com/quiz/13874664/2-1-1-evaluaci-n-sistema-digestivo...

Para expertos:

https://www.goconqr.com/quiz/7314218/q1-sistema-digestivo-i

 

Ánimo e saúde! Marcos

 

LA VACA ESFÉRICA

Como temos moito tempo para aprender, e para experimentar, esta semana déixovos un enlace á canle que  LucíaGarcía (Shedka) e Javier Santaolalla crearon para vós.

https://www.youtube.com/channel/UCGzltD1SMc2PySB3KR8_fFw/videos

Nela tedes conceptos de ciencias naturais explicados para nenos, con experimentos caseiros para que os entendades mellor.

A Javier xa o coñecedes de algúns vídeos que temos visto en clase, como este sobre os buratos negros:

https://www.youtube.com/watch?v=cs2kyXC-zDw

E ten esta canle de física para principiantes:

https://www.youtube.com/channel/UCns-8DssCBba7M4nu7wk7Aw/videos

 

Saúde! Marcos.

 

Galego 5º e 6º. Nesta semana podedes escribir cunha letra bonita un anaco dun texto curto que vos guste dalgún escrito de Carvalho Calero.

Nesta semana imos escribir cunha letra bonita un anaco dun texto curto que vos guste dalgún escrito de Carvalho Calero.

 

Votádelle un vistazo ao material que sobre a súa figura tedes na web.

 

 

 

REVISTA "O PAPAGAIO" DE MAIO

Ola Rapaces!

Como vai? agardo que todos puiderades ver ós vosos familiares despois do confinamento.

 

Envíovos o enlace que nos deu para este mes a revista "O Papagaio", unha das vosas favoritas para a hora de ler.

 

https://www.flipsnack.com/9D88A97F8D6/o-papagaio-8-maio2020.html

 

Durante este mes seguirá en aberto, así que lla podedes enviar ós vosos amigos doutros coles que aínda non a coñecen.

Saúde! Marcos.

SEMANA DAS LETRAS 2020

Estamos na semana das letras, polo que vos animo a que concentredes as actividades de linguas nesta celebración, para a que temos no apartado de Proxectos do centro>Dinamización da Lingua Galega, unha serie de actividades orientadas a que saibades algo máis de Ricardo Carvalho Calero, e poidades facer actividades sobre a súa figura e a súa obra.

Como sabedes, o día das letras será o día 17, domingo, e esta semana tedes na rede moitas actividades relacionadas con esta festividade, así como coa lingua en xeral, a través da poesía, da música, da literatura oral, etc.

Aquí vos deixo algunhas ligazóns máis.

Web específica, con actividades para Primaria, impulsada pola AGAL:

https://carvalho2020.gal/

Información sobre Ricardo Carvalho:

http://consellodacultura.gal/diadasletrasgalegas/2020/

Evento de música e poesía "live" que se fará o domingo 17 desde Nova York

https://www.facebook.com/events/festival-kerouac/letras-galegas-2020-unh...

Lectura compartida en liña:

https://www.coruna.gal/cmix/gl/convocatorias/actividades/detalle-activid...

Video feito no IES de Arzúa sobre o autor:

https://www.youtube.com/watch?v=6jk-UHD3Xms&feature=emb_title

 

Saúde! Marcos.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut