Skip to Content

Contratos Programa

CONTRATOS PROGRAMA

Neste apartado da páxina, publicaremos as actividades que se van realizando con relación aos Contratos-Programa.

 

VISITA AO GADIS: Programa ALIMENTES

BriefingGalego.com | Campaña Alimentes de 100×100 para Gadis

  Este curso participamos no Contrato-Programa Edu Innova e, concretamente, na modalidade Edusaúde. Como parte do mesmo hoxe, 9 marzo, os alumnado de 5º e 6º de EP realizou unha visita ao Gadis de Elviña para aprender máis cousas sobre alimentación saudable despois de teren traballado coa plataforma dixital. A experiencia foi moi interesante e explicáronnos conceptos como as bases do consumo responsable, os hábitos de vida saudable e o desperdicio alimentario. Fomos pasando polas distintas seccións: peixería, carnicería, chacinería, froitaría e panadaría comprobando as opcións máis axeitadas para compoñer un prato máis saudable.

  Agora só resta poñelo en práctica e tomar conciencia da importancia dunha boa alimentación para unha vida máis activa. Podedes incorporar estas ideas ás merendas do recreo.

 

  E, se quedastes con ganas de máis, no seguinte enlace podedes aprender como organizar un calendario saudable:

 

https://www.gadis.es/saludable/calendario-saludable/

 

 

 

Cociña saudable

COCIÑA SAUDABLE

 

Este ano a nosa colleita de tomates cherri foi espectacular e durante os recreos serviu de parva a moitos dos nenos e nenas. Pero queriamos ir un chisco máis alá. Estamos participando de forma paralela nos programas PVDA e no contrato programa Edusaúde. A través dos mesmos, trataremos de fomentar hábitos máis saudables, polo que a alimentación se converte nun pilar excepcional.

                

 

Propuxemos un reto á nosa cativada: Idear receitas con base de tomate e con temática animal ou fantástica que despois puidesen ser levadas a cabo.

  Os resultados foron, canto menos, moi orixinais e o proceso moi didáctico e divertido. Estamos desexosos de poñer en marcha o horto e ver como da froitos. Non vos perdades o próximo capítulo mentres gozades destes saborosos pratos.

 

      

 

 

Mmm..  Delicioso!!!  

 

    

 

 

 

PROGRAMA PROA+

Durante todo o curso 2021/2022, un mestre de Pedagoxía Terapéutica, a media xornada, realizará apoio ao alumnado de 6º de Educación Primaria que o necesite.

PROGRAMA ARCO

Durante o primeiro trimestre do curso 2021/2022, unha mestra de Pedagoxía Terapéutica, realizará apoio ao alumnado de 4º e 5º de Educación Primaria que o necesite.

PROGRAMA RECUPÉRATE - ARCO E PROA+

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade pon en marcha no curso 2021/22 o Plan Recupera para reducir o impacto que a covid-19 tivo sobre o alumnado e as súas repercusións futuras, e proporcionar a atención educativa necesaria para a compensación de desigualdades xurdidas por esta situación. Este plan constitúese como o marco para a mellora dos resultados escolares do alumnado, especialmente o máis vulnerable, e reflicte a estratexia de fomento da calidade, a equidade, a inclusión e o éxito na educación e formación.

Para alcanzar esta meta póñense en marcha dúas liñas de actuación:

1.- Desenvolvemento da convocatoria de Contratos-programa Recupéra-T (CP Recupéra-T) co fin de lograr o éxito educativo a través do reforzo, apoio e acompañamento na aprendizaxe daquel alumnado vulnerable que, por causa da pandemia, non alcanzase os obxectivos e as competencias establecidas para o nivel correspondente.

2.- Creación da Rede de Acompañamento e Orientación persoal e familiar de Galicia (RAOGAL) constituída por 32 centros. En cada centro da rede constituirase a Unidade de Acompañamento e Orientación persoal e familiar (UACO) que actuará co alumnado e familias pertencentes a centros educativos situados dentro dun ámbito xeográfico determinado.

No noso centro solicitouse o Programa Recupéra-T: ARCO e PROA+

O reforzo no primeiro trimestre do curso 2021/22  co profesorado ARCO vai dirixido aos seguintes niveis educativos:

  • 4º e 5º de educación primaria.

O reforzo ao longo de todo o curso 2021/22 co profesorado PROA+ vai dirixido aos seguintes niveis educativos:

  • 6º de educación primaria.
Distribuir contido


by Dr. Radut