Skip to Content

Plan Proxecta - PVDA Proxecto de Vida Activa e Deportiva

CENTROS ACTIVOS E SAUDABLES

Neste apartado da páxina, publicaremos as actividades que se van realizando con relación ao

Plan Proxecta - Proxecto deportivo de centro - Centros Activos e Saudables.

Volve a carreira ENKI

 

O vindeiro 21 de outubro de 2023 volve a carreira ENKI a encher as rúas da Coruña. É unha oportunidade xenial para facer exercicio en familia xa que todo o mundo ten cabida con independenza do seu nivel ou capacidade xa que a fin é a inclusión de calqueira tipo de colectivo nun ambiente de diversión e colaboración.

Picando no enlace podedes acceder á páxina para realizar a vosa inscripción e averiguar máis sobre esta asociación.

 

No noso cole non nos imos manter á marxe e realizaremos unha xornada previa o día 20 de outubro de 2023, no que recrearemos esta carreira inclusiva de obstáculos coa participación de todo o alumnado e profesorado; dende os máis cativos ata os maiores. Estamos desexosos de que chegue o día!

E porque non probar o tenis de mesa?

  Este próximo xoves 12 de outubro no que non hai escola, o Club do Mar convídavos a probar unha xornada de tenis de mesa totalmente de balde. Tanto se xa practicastes este deporte coma senón... Animádevos a participar!

 

RUTA CICLISTA

MOBILIDADE SOSTIBLE: RUTA CICLISTA

  Despois de realizar varios talleres no colexio sobre mecánica de bicicleta, normas de circulación por vías urbanas e habilidade sobre rodas, o alumnado de 5º e 6º participou dunha saída pola contorna de Coruña.

 

  Xa ben cedo pola mañá, acudiron con cadansúa bicicleta ao colexio. Aproveitamos para rodar un pouco en grupo polo patio mentres agardábamos a ansiada chegada da policía local e os membros de Protección Civil. Explicaron cal sería o percorrido e as indicacións para unha circulación segura pola cidade. Acompañámolos tres mestres e o incansable conserxe. Saímos dende o centro e atravesando cidade e carril bici chegamos ao parque dos Menhires, onde fixemos unha parada para merendar e recuperar enerxías para a volta.

 

  A saída foi todo un éxito grazas á colaboracióń da Policía, que nos acompañou tanto en bicicleta coma nas motos, que regulaban e dirixían o tráfico nas zonas menos seguras.

E para que vos fagades unha idea do intenso que foi, velaquí unha mostra...

CAPOEIRA CORUÑA

GINGA!!!

6 movimentos básicos da capoeira

 

Que non sabedes o que é?  Pois non vos preocupedes, os nenos e nenas do Cornide si!

A asociación galega de Capoeira acudiu ao centro nas sesións de EF para ensinarlles unha chea de cousas relacionadas con este deporte tan interesante e atractivo de ver: a Capoeira. Mostraron os instrumentos, aprendemos o seu nome así coma o dos pasos básicos e a súa execución; cantamos e mesmo houbo tempo de batallas! Sempre buscando o respecto e o coidado do compañeiro.

 

TOWERS FOOTBALL

TOWERS FOOTBALL

escudo towers     

  Seguro que máis dunha vez escoitastes falar do fútbol americano pero, ollo! Non o confundades co rugbi. Nós, non nos conformamos con ver algún vídeo senón que grazas ao programa Coñece o meu club, dentro do PVAD, tamén o practicamos. 

 

  Varios integrantes deste equipo da localidade coruñesa de Cambre acudiron ao colexio para realizar sesións de aproximación a esta modalidade deportiva. Dende 1º a 6º e cada un en base ás súas posibilidades descubriron o fútbol americano, descoñecido para moitos deles. O enfoque foi principalmente lúdico e pasámolo especialmente ben. Iso sí, levoou un pouco de tempo aprender a manexar o balón, que ten un bote imprevisible e unha forma totalmente diferente aos que temos máis práctica en manipular.

 

Déivovos un enlace á súa páxina por se vos picou a curiosidade e queredes saber máis deles. E non hai excusas! Tamén teñen equipo feminino!!

https://towers.football/

O ATLÁNTICO PARTE DE TI

O ATLÁNTICO PARTE DE TI

 

  Un curso máis, o alumnado de 5º e 6º de EP participou no programa O Atlántico Parte de ti, organizado polas Consellerías de Deporte e Educación, e pensado para achegar o deporte da vela aos mozos e mozas desta idade.

 

  Nesta ocasión, a actividade celebrouse na praia de Oza, grazas ao Clube Marítimo de Oza. Nada máis chegar, procederon ao reparto dos neoprenos. Foi unha experiencia para moitos que nunca tiveran a ocasión de enfundarse neste material! Así equipados, o frío da auga non nos afectaría! Os monitores divaidiron ao grupo en dúas metades: mentras un aprendía e practicaba os fundamentos básicos da vela, o outro experimentaba co windsurf. Despois, intercambiaron os postos para vivir ambas experiencias. A actitude de monitores e nenos foi totalmente de entrega, as risas e a diversión permaneceron durante toda a xornada que deixou unha pegada inesquecible. Para poñerlle o rizo ao evento, déronnos unha merenda moi especial. 

 

 

 

HOCKEI CON GALICIA ROLLERS

XOGAMOS HOCKEI

  E para continuar co programa Coñece o meu club, nas sesións de EF da semana do 27 ao 31 de marzo, recibimos a visita do clube de patinaxe Galicia Rollers. Esta asociación é unha apaixoada do mundo da patinaxe e ensina distintas disciplinas sobre rodas, entre elas a que nos mostraron: o hockei liña. 

 

  A patinaxe é unha forma de ocio moi saudable e asequible para todas as idades e niveles, pero a modalidade de hockei require unhas condicións especiais para as cales os nosos nenos e nenas demostraron están perfectamente capacitados.

 

  Da man de dous entrenadores aprendemos que hai distintos tipos de patíns segundo o seu uso; cal é a equipación de xogadores e porteiros nun equipo de hockei;  como aprender a manipular o stick e conducir o móbil e, todo isto, nun ambiente constante de diversión e de superación personal.

 

  Todos, alumnos con e sen patíns, gozaron da experiencia e descubriron que a vida sobre rodas pode ser un enredo fantástico para o tempo de lecer.

 

  Graciñas a Galicia Rollers pola súa implicación e noraboa por facer que todo o mundo se sentise a gusto.

 

  Velaquí unha mostra do ben que o pasamos:

 

 

RECAUDACIÓN SOLIDARIA CARREIRA ENKI 2022

Hoxe venres 20 de xaneiro fixemos entrega, a Ángel López presidente da Fundación Abrente,do importe recaudado na Carreira Enki celebrada no noso colexio o día 2 de Decembro de 2022.

Distribuir contido


by Dr. Radut