Skip to Content

Plan Proxecta - PVDA Proxecto de Vida Activa e Deportiva

HOCKEI CON GALICIA ROLLERS

XOGAMOS HOCKEI

  E para continuar co programa Coñece o meu club, nas sesións de EF da semana do 27 ao 31 de marzo, recibimos a visita do clube de patinaxe Galicia Rollers. Esta asociación é unha apaixoada do mundo da patinaxe e ensina distintas disciplinas sobre rodas, entre elas a que nos mostraron: o hockei liña. 

 

  A patinaxe é unha forma de ocio moi saudable e asequible para todas as idades e niveles, pero a modalidade de hockei require unhas condicións especiais para as cales os nosos nenos e nenas demostraron están perfectamente capacitados.

 

  Da man de dous entrenadores aprendemos que hai distintos tipos de patíns segundo o seu uso; cal é a equipación de xogadores e porteiros nun equipo de hockei;  como aprender a manipular o stick e conducir o móbil e, todo isto, nun ambiente constante de diversión e de superación personal.

 

  Todos, alumnos con e sen patíns, gozaron da experiencia e descubriron que a vida sobre rodas pode ser un enredo fantástico para o tempo de lecer.

 

  Graciñas a Galicia Rollers pola súa implicación e noraboa por facer que todo o mundo se sentise a gusto.

 

  Velaquí unha mostra do ben que o pasamos:

 

 

RECAUDACIÓN SOLIDARIA CARREIRA ENKI 2022

Hoxe venres 20 de xaneiro fixemos entrega, a Ángel López presidente da Fundación Abrente,do importe recaudado na Carreira Enki celebrada no noso colexio o día 2 de Decembro de 2022.

CARREIRA ENKI

O día 2 de decembro celebramos no colexio a carreira ENKI

baixo o lema "CORRE POR UN MUNDO IMPERFECTO"

 

Recaudamos entre todos 100 € que fixemos chegar á Fundación Abrente para o Proxecto Enki

AS FAMILIAS VEÑEN Á ESCOLA

Hoxe tivemos a visita do pai de Elsa de Infantil.

Contounos como é o seu traballo como adestrador no clube Orlando Pirates de Johannesburgo en Sudáfrica co que recentemente gañou a Copa.

Puidemos facerlle moitas preguntas sobre o deporte que tanto lles gusta a algúns como é o FÚTBOL.

 

            

 

  

  

 

 

BREAK DANCE!

BREAK DANCE CON AD A RÚA

ACROBANZA - BreakDance

  Nesta xornada, un bailarín da asociación AD A Rúa, da Coruña, especialista en Break Dance, acudiu ao centro dentro do programa "Coñece ao meu clube" para impartir sesións desta modalidade deportiva a cativada de 3º a 6º de primaria. Comezamos cuns divertidos exercicios de quecemento, xa que é un baile moi esixente fisicamente:

 

  Despois aprendemos unha chea de pasos con nomes moi curiosos e algúns realmente difíciles de reproducir pero... Claro que os nenos e nenas do Cornide o lograron! Ata parecía sinxelo! Non volos perdades no vídeo adxunto.

  

 

  E para rematar a sesión, ademáis dunha demostración de baile, retos en círculo para ver que ousados emprendían unha batalla no centro da pista. Non faltaron voluntarios!! 

 

  Por sorte, esta escola queda moi pretiño do colexio así que se quedastes con gañas de máis, non dubidedes en apuntarvos!!

 

   Pero se prefires botarlle unha ollada antes.. En Instagram podedes ver as marabillas que fan nesta escola.

 https://www.instagram.com/cd_darua/

Polo San Martiño, trompos ao camiño

coledaseca: 2016

O 11 de novembro celebramos no centro o magosto cunha xornada chea de actividades. Neste día, celebración do san Martiño xa se sabe que... "Polo San Martiño, trompos ao camiño"! Tivemos a ocasión de asistir a un espectáculo de peonza cun campión de sona internacional que nos fixo unha chea de trucos a cada cal máis abraiante. Velaquí unha mostra visual para que vos fagades unha idea do moito que gozamos:

 

A continuación, o alumnado de 5º e 6º organizou un circuíto de xogos con castañas. Por fin puidemos compartir grupo alumnos e alumnas de distintos niveis e realmente foi un tempo que disfrutamos ao máximo. Noraboa aos organizadores!

 

    

 

   

  

FACENDO MOSTO

Case a piques de comezar o outono, estivemos coñecendo distintos froitos e como podemos elaborar zume natural a partir do prensado das uvas.

Qué ben o pasamos!!!!!

 

CURSO 2022/2023

Comezamos un novo curso.

Continuaremos realizando algunhas actividades que nos gustaron moito e realizaremos algunhas novas.

 

Coñece o meu club: SILVA FC

COÑECE O MEU CLUB: SILVA CLUB FÚTBOL

 

Club Silva SD

É innegable o poder de atracción que ten o fútbol para a cativada e, dende a área de EF, non podemos deixar de aproveitar este tirón para afrontar os valores deste deporte e dirixilos cara un estilo lúdico no que predomine o xogo limpo e as ganas de pasalo ben fronte a gañar. Os entrenadores do Silva acudiron ao colexio para desenvolver unha xornada de aproximación a este deporte para os máis novos de primaria: os alumnos de 1º e 2º, algúns dos cales nunca tiveran contacto co mesmo. Foi unha oportunidade perfecta para que perdesen o medo e se iniciasen nos golpeos, as conducións e outras habilidades que fan o fútbol tan característico. En canto as condicións sanitarias o permitan, continuaremos con esta práctica nos recreos. Grazas equipo!

 

Coñece o meu club: EDUKAIUDO

COÑECE O MEU CLUB: EDUKAIUDO

Nuestras equipaciones - edukajudo

Os responsables e profesores do club Edukaiudo, que impartirán esta actividade coma extraescolar no centro, acudiron ao colexio a mostrarnos en que consiste este deporte. Non só fixeron unha exhibición senón que mesmo... O probamos!! Cativada de todos os cursos, dende infantil ata primaria, gozou cunha xornada deste deporte aprendendo técnicas sinxelas básicas e loitando de forma atenta e controlada cos compañeiros. 

Os obxectivos perseguidos foron os seguintes:

  • Posición de seguridade no judo chan.
  • A posición estable o inestable no chan. 
  • Introducción os volteos no judo chan. 
  • Exercicios e xogos que faciliten o descubremento guiado no judo chan. 
  • Aproximación a práctica libre no chan. 
  • A posición estable o inestable no judo pe. 
  • Exercicios de habilidade e introducción o concepto de estabilidade. 
  • Concepto de agarre e importancia de éste no Judo. 
  • Exercicios e xogos que faciliten o descubremento guiado de movementos no judo pe. 
  • Aproximación a práctica libre no judo pe

Foi unha experiencia que non deixou a ninguén indiferente e na que todos e todas aprendemos divertíndonos. Repetiremos!!

Distribuir contido


by Dr. Radut