Skip to Content

HOCKEI CON GALICIA ROLLERS

XOGAMOS HOCKEI

  E para continuar co programa Coñece o meu club, nas sesións de EF da semana do 27 ao 31 de marzo, recibimos a visita do clube de patinaxe Galicia Rollers. Esta asociación é unha apaixoada do mundo da patinaxe e ensina distintas disciplinas sobre rodas, entre elas a que nos mostraron: o hockei liña. 

 

  A patinaxe é unha forma de ocio moi saudable e asequible para todas as idades e niveles, pero a modalidade de hockei require unhas condicións especiais para as cales os nosos nenos e nenas demostraron están perfectamente capacitados.

 

  Da man de dous entrenadores aprendemos que hai distintos tipos de patíns segundo o seu uso; cal é a equipación de xogadores e porteiros nun equipo de hockei;  como aprender a manipular o stick e conducir o móbil e, todo isto, nun ambiente constante de diversión e de superación personal.

 

  Todos, alumnos con e sen patíns, gozaron da experiencia e descubriron que a vida sobre rodas pode ser un enredo fantástico para o tempo de lecer.

 

  Graciñas a Galicia Rollers pola súa implicación e noraboa por facer que todo o mundo se sentise a gusto.

 

  Velaquí unha mostra do ben que o pasamos:

 

 



blog | by Dr. Radut