Skip to Content

1º Primaria

Rematamos este curso

 

Celebration by Quentin Blake - Rennies Gallery

 

Rematamos este curso, e non cunha festa como nos gusta facelo sempre.

Pero temos moito que celebrar, que estamos todos ben, que pasamos moito máis tempo en familia, que aprendemos moitas cousas novas (cociña, manualidades, informática...) e espero sobre todo, que aprendéramos a apreciar ben as cousas que temos que valorar e coidar.

Graciñas a todas as familias pola vosa imprescindible colaboración.

Espero vervos a todos a próxima semana no cole.

 

E o conto desta semana é:

 

O DÍA EN QUE A MAMÁ SE LLE PUXO CARA DE TETEIRA

 

Deixovos  as reflexións dos nenos do que foi para eles o mellor e o peor destes tempos. Ireinos poñendo a medida que os vaia recibindo. 

Picade en cada nome e veredes o que eles sentiron.

ROI              ÁNGELA       ÁNGELA (IN ENGLISH)

ALEJANDRO CAAMAÑO        IZAN       ALBA      LAURA SANMARTÍN

LAURA RUIZ         SHEILA           LEIA     ELI

Seguimos aprendendo. Semanas do 8 ao 19 de xuño

 

El cómic de 'Mortadelo y Filemón' que predijo la pandemia del ...

Este curso vai rematando.

Noutros tempos estaríamos ensaiando todos moi emocionados a nosa función fin de curso. Agora non pode ser, pero volveremos con máis ilusión a aquelas festas no cole con todas as familias.

Para os días que nos quedan, que a rapazada siga traballando nos seus libros e despois a pasar o mellor verán posible.

Propoño tamén unha actividade para que eles reflexionen:

Que foi o peor e o mellor deste confinamento?

 (estar máis tempo con papá e mamá, non ter que madrugar...non poder xogar cos amigos, non poder dar abrazos aos avós...)

 

Colle unha folla ou un folio e divídeo en dúas metades.

Nunha metade escribe unha frase co que che pareceu peor deste tempo e fai o debuxo.

Noutra metade escribe unha frase co que che pareceu mellor deste tempo e fai o debuxo.

E, se podedes, enviádeme este traballo ao meu correo electrónico. Graciñas de antemán.

 

 

E o conto da semana é:

 

O CASCABEL DA GATA

 

Seguimos aprendendo. Semana do 1 ao 5 de xuño

 

La Góndola de Babel – Quentin Blake | Tu Biblioteca Shangrilá

 

 

Boa semana a todos!

Estamos xa rematando o curso. Vaia curso!! Que non veña outro coma este!!

A maioría de vos tedes xa os libros de texto dos vosos nenos, e os demáis  collerédelos un destes días.

Así que a miña proposta é que, a partires de agora, os cativos traballen nos seus libros (lengua,lingua e matemáticas), e vaian rematando o que quedou pendente do segundo trimestre. Así que os rematen, vacacións todo o verán, que ben as merecen.

Os textos do 3º trimestre están sen comezar, así que quedan no colexio para o curso que ven.

Seguirei poñendo nesta web algún conto semanal e algunha actividade de apoio que poida ser interesante.

Graciñas pola vosa colaboración durante todo este tempo!!

 

 

Aquí tedes uns enlaces a recursos para facer no ordenador:

 

RECURSOS DE MATEMÁTICAS

RECURSOS DE LENGUA  

 

 

E o conto desta semana é:

A COUSA QUE MÁIS DOE DO MUNDO

Fai o debuxo do que máis che gustou 

 

 

 

 

 

Seguimos aprendendo. Semana do 25 ao 29 de maio

 

Ola de novo a todos!

Aquí seguimos resistindo, como a tribo de Axtérix e Obélix, ante o virus invasor (que veu de China e pasou por Roma)

Deixovos as recomendacións da semana e, coma sempre, facede o que poidades.

Unha forte aperta e moita saúde.

Astérix, Obélix, Panoramix y los mejores personajes dibujados por ...

 SEMANA DO 25 AO 29 DE MAIO

 

LENGUA

lectura e comprensión:

trabalinguas

lectura e escritura de:

za, zo, zu, ce, ci

 

Páxinas 31 ata 34

enlace:

 

https://prod.santillana.com/launcher_books/books.html?book=202021213_U32...

MATEMÁTICAS

 razoamento lóxico

sumas e restas

numeración ata 79

 Páxinas 30 ata 34

enlace:

https://prod.santillana.com/launcher_books/books.html?book=202011213_U32...

 LINGUA

 lectura e comprensión

lectura e escritura de:

cr-    cl-

 Páxinas 22 ata 25

enlace:

https://prod.santillana.com/launcher_books/books.html?book=2020212137_U3...

     
 SOCIAIS

 lectura e repaso do tema 7

"O día e a noite"

 

 enlace:

http://pdi.vicensvives.com/pdi/sociais1/program/index.html#/tm?l=472

 

E o conto desta semana é dun gato moi pícaro que se titula:

SIXTO SEIS CENAS

Despois de escoitalo e lelo:

 

  • Poñede título e autor
  • Facede un debuxo do que máis che gustou

 

 

 

Seguimos aprendendo. Semana do 18 ao 22 de maio

Saúdos de novo familias!!

Tendo en conta o que me contades nos vosos correos (algúns nenos están cansadiños, agora pódese pasear...) propoño alternar as actividades de Sociais e Naturais por semanas, unha semana haberá Naturais e outra Sociais.  E mandarei sempre as actividades de Linguas e Mate, que son as instrumentais.

En lingua galega seguide coas actividades de RICARDO CARVALHO CALERO, que son moitas,

Tamén penso que é moi interesante que (se os nenos queren e teñen tempo), miredes na sección do Departamento de  Orientación, porque propoñen traballos moi adecuados e educativos e tamén divertidos ( o de mecanografía , o de inferencias ou o de conciencia fonolóxica por exemplo)

Seguimos en contacto para o que necesitedes.

 

Mafalda y sus amigos son un resumen de la humanidad – Manuel ... 

SEMANA DO 18 AO 22 DE MAIO

 

LENGUA

la palabra y la oración:

lectura e escritura de:

dr- gue- gui- güe- güi

 

Páxinas 27 ata 30

enlace:

https://prod.santillana.com/launcher_books/books.html?book=202021213_U32...

MATEMÁTICAS

 problemas, sumas e 

numeración

 Páxinas 26 ata 29

enlace:

https://prod.santillana.com/launcher_books/books.html?book=202011213_U32...

 LINGUA

seguide coas actividades de

Ricardo Carvalho Calero

enlace:

http://seminariogalan.org/inicio/portada

 NATURAIS

 Tema 5:

"Coñezo as plantas"

 enlace:

http://pdi.vicensvives.com/pdi/naturais1/program/index.html#/tm?l=471

     

 

E o conto desta semana é:   

La aventura formidable del hombrecillo indomable 

 

E coma sempre, facedes:

  • Título e autor
  • Debuxa o que máis che gustou

Seguimos aprendendo. Semana do 11 ao 15 de maio

Boa semana a todos familias!!

Esta que entra, é a SEMANA DAS LETRAS GALEGAS que este ano está adicada á figura de RICARDO CARVALHO CALERO.

Por iso, as actividades semanais de lingua galega, propoño que sexan as que cada ano elabora moi ben un grupo de traballo, composto por mestres, chamado Seminario de Galán . (O enlace xa vai directo)

Nela tedes a biografía e un montón de actividades (en liña e tamén para imprimir) adaptadas para cada curso.

Anímovos para que entredes, e que os nenos fagan as actividades do seu curso (as que máis lles gusten).

O conto completo "As pitas baixo a choiva",  podedes lelo no noso blog Pasa Páxina.

O resto das recomendacións seguen a mesma estrutura que as anteriores.

Unha forte aperta. 

Las 12 mejores canciones del Xabarín Club

 SEMANA DO 11 AO 15 DE MAIO

 

LENGUA

lectura e comprensión:

lectura e escritura de:

fr- fl- tr-

Páxinas 23 ata 26

enlace:

https://prod.santillana.com/launcher_books/books.html?book=202021213_U32...

MATEMÁTICAS

 decenas, sumas e restas

numeración ata 59

 Páxinas 23 ata 25

enlace:

https://prod.santillana.com/launcher_books/books.html?book=202011213_U32...

 LINGUA

actividades sobre Ricardo Carballo Calero

 enlace:

http://seminariogalan.org/inicio/portada

 NATURAIS

 lectura e repaso do tema 4

"Os seres vivos. Os animais"

 enlace:

http://pdi.vicensvives.com/pdi/naturais1/program/index.html#/tm?l=471

 SOCIAIS

 lectura e repaso do tema 4

"A vila e a cidade"

 

 enlace:

http://pdi.vicensvives.com/pdi/sociais1/program/index.html#/tm?l=472

 

E esta semana deixovos a adaptación dun conto escrito por Carvalho Calero, contando unha aventura da súa nenez. Agardo que vos guste.

No caderno, poñede título, autor e facede un debuxo

Seguimos aprendendo. Semana do 5 ao 8 de maio

 Saúdos para todos, grandes e pequechos!!

Aquí vos quedan os consellos para esta semana pequena (de catro días escolares). Facedeos a modiño, con coidado, boa letra...

E aproveitade os paseos neste bo tempo que temos, sempre con moito sentidiño, que así todo vai ir ben!!!

Mítica serie de dibujos animados (Foto: Especial)

 SEMANA DO 5 AO 8 DE MAIO

 

LENGUA

lectura e comprensión:

escribir unha nota

lectura e escritura de:

ca, que, qui, co, cu

 

Páxinas 19 ata 22

enlace:

 

https://prod.santillana.com/launcher_books/books.html?book=202021213_U32...

MATEMÁTICAS

 problemas, sumas e restas

numeración ata 39

 Páxinas 19 ata 22

enlace:

https://prod.santillana.com/launcher_books/books.html?book=202011213_U32...

 LINGUA

 lectura e comprensión

lectura e escritura de:

r suave e r forte

expresión escrita

 Páxinas 19 ata 21

enlace:

https://prod.santillana.com/launcher_books/books.html?book=2020212137_U3...

 NATURAIS

 lectura e repaso do tema 3

"Coido o meu corpo"

 enlace:

http://pdi.vicensvives.com/pdi/naturais1/program/index.html#/tm?l=471

 SOCIAIS

 lectura e repaso do tema 3

"A rúa e os transportes"

 

 enlace:

http://pdi.vicensvives.com/pdi/sociais1/program/index.html#/tm?l=472

 

 E o conto desta semana é: O Galo Quirico

un conto tradicional que se ven escoitando en moitas partes do mundo desde non se sabe canto tempo hai.

Escribe o título e fai un debuxo do que máis che gustou.

 

 

 

Seguimos aprendendo. Semana do 27 ao 30 de abril

Saúdos de novo familias!

Co mesmo formato que a semana pasada, deixovos o traballo escolar recomendado para estes días.  

Están os enlaces de cada área para que vaiades directamente aos caderniños e aos libros.

Mirade ben nos outros apartados da web (música, inglés, orientación, PT , AL, educación física...) que teñen unha morea de actividades moi interesantes para os cativos.

Poñédevos en contacto comigo para calquera consulta .

Unha aperta e ata pronto!   


 

SEMANA DO 27 AO 30 DE ABRIL

 

LENGUA

lectura e comprensión

lectura e escritura de

gr-  gl-  

Páxinas 16 ata 18

enlace:

 

https://prod.santillana.com/launcher_books/books.html?book=202021213_U32...

MATEMÁTICAS

 sumas de tres sumandos

numeración ata 29

 Páxinas 16 ata 18

enlace:

https://prod.santillana.com/launcher_books/books.html?book=202011213_U32...

 LINGUA

 lectura e comprensión

lectura e escritura de:

br-  bl-  

separación de sílabas

 Páxinas 16 ata 18

enlace:

https://prod.santillana.com/launcher_books/books.html?book=2020212137_U3...

 NATURAIS

 lectura e repaso do tema 2

"Comer e crecer"

 enlace:

http://pdi.vicensvives.com/pdi/naturais1/program/index.html#/tm?l=471

 SOCIAIS

 lectura e repaso do tema 2

"Vivimos en familia"

 

 enlace:

http://pdi.vicensvives.com/pdi/sociais1/program/index.html#/tm?l=472

 

 

E o conto desta semana é "Nicomedes o pelado"

  1. Mirade este video de youtube
  2. Escribide título e autor
  3. Escribe o que máis che gustou e fai o debuxo

 

 

 

Seguimos aprendendo. Semana do 20 ao 24 de abril

 

 Aquí estamos de novo, coidándonos moito, porque xa sabedes que "Moito axuda quen queda na casa"

Trátase de que teñades suficientes recursos para estes días. Se podedes imprimir os caderniños, estupendo, pero os que non poidan (que sodes a maioría) aconsello copiar un exercicio de cada páxina na libreta, e o resto ou se fan oralmente ou quedan en reserva para outros días.

Intentamos así, que os nenos manteñan a rutina de traballo escolar, e ademáis aproveiten mellor este tempo de confinamento nas casas.

Esta situación pillounos a todos descolocados (nenos, familias, profesorado...) e hai que mirar polo ben dos cativos, non hai que "facer callo copiando", nin esixirnos por encima das posibilidades de cada un. Ante todo "moita calma".

Un abrazo moi forte que pronto nos veremos


Book lover posters  #fiction #posters #bookloverposters #musthave #posterart #booklovers #quotesaboutbooks 

SEMANA DO 20 AO 24 DE ABRIL

 

LENGUA

lectura e comprensión

lectura e escritura de

cr-  cl-  

Páxinas 13 ata 15

enlace:

https://prod.santillana.com/launcher_books/books.html?book=202021213_U32...

MATEMÁTICAS

 medimos co corpo

litro e quilo

 Páxinas 12 ata 15

enlace:

https://prod.santillana.com/launcher_books/books.html?book=202011213_U32...

 LINGUA

 lectura e comprensión

lectura e escritura de:

pr-  pl-  

 Páxinas 12 ata 15

enlace:

https://prod.santillana.com/launcher_books/books.html?book=2020212137_U3...

 NATURAIS

 lectura e repaso do tema 1

"O meu corpo"

 enlace:

http://pdi.vicensvives.com/pdi/naturais1/program/index.html#/tm?l=471

 SOCIAIS

 lectura e repaso do tema 6

"A auga e o aire"

 

 enlace:

http://pdi.vicensvives.com/pdi/sociais1/program/index.html#/tm?l=472

 

 

E xa que esta semana, o 23 de abril,  é o Día do Libro, o conto desta semana é "Don Quijote de La Mancha"

  1. Mirade este video de youtube
  2. Escribide título e autor
  3. Escribe o que máis che gustou e fai o debuxo

Seguimos aprendendo

Benqueridas familias:

Xa que isto parece que vai para longo, vouvos mandar algunhas recomendación de traballo escolar.

A idea é que a situación se tome coma outra "normalidade" e os cativos non perdan a rutina, os habitos de lectura, cálculo... e a importancia de seguir aprendendo sempre.

Non debe supoñer para os pais e nais un sobreesforzo nin unha esixencia que xenere máis ansiedade da que xa temos polas circunstancias. Cada un que faga o que poida en función das súas posibilidades e capacidades. Os pequenos xa se poñerán ao día cando se retomen as clases, porque eles teñen unha capacidade de adaptación e superación enorme.

Mándovos uns enlaces a caderniños de Lengua, Lingua e Matemáticas de 1º (cedidos pola editorial santillana gratuitamente)

  • Cada día poden facer unha ou dúas follas de cada materia, comenzando polo do 2º trimestre.

    (Tamén se pode imprimir)

SEMANA DO 14 AO 17 DE ABRIL  (CADERNIÑOS DO 2º TRIMESTRE)

  • Lengua......páxinas da 4 ata a 12
  • Lingua......páxinas da 4 ata 12
  • Matemáticas........páxina da 4 ata 11

[cid:image008.jpg@01D60294.4D343210]<https://prod.santillana.com/launcher_books/books.html?book=202021213_U32_U1_U101_U2>
Cuadernos de 2º y 3er trimestre de Lengua Pauta 1º Saber Hacer Contigo<https://prod.santillana.com/launcher_books/books.html?book=202021213_U32_U1_U101_U2>

[cid:image010.jpg@01D60294.4D343210]<https://prod.santillana.com/launcher_books/books.html?book=202011213_U32_U1_U101_U2>Cuadernos de 2º y 3er trimestre de Matemáticas 1º Saber Hacer Contigo<https://prod.santillana.com/launcher_books/books.html?book=202011213_U32_U1_U101_U2>

[cid:image014.jpg@01D60294.4D343210]<https://prod.santillana.com/launcher_books/books.html?book=2020212137_U32_U1_U101_U2>
Caderno Lingua 1 Saber Facer Contigo<https://prod.santillana.com/launcher_books/books.html?book=2020212137_U32_U1_U101_U2>

 

Mándovos tamén un enlace Vicens-Vives, onde se poden descargar os libros desta editorial, e alí están os contrasinais dos nosos libros de Sociais e Naturais, para que eles repasen os temas que estivemos traballando durante o curso e vaian mirando e lendo os que nos quedaban .

Tamén están os libros de Lengua, Lingua e Mate con máis recursos.

  • Algún día, no tempo de lectura, dedicalo a estes libros de Sociais e Naturais

SEMANA DO 14 AO 17 DE ABRIL 

  • Naturais.....Tema 1 "O noso corpo"
  • Sociais.......Tema 2 "Nin unha pinga máis, nin unha menos"

https://www.vicensvives.com/vvweb/view/pages/p01/load.php?id=2786&lang=es

 

Ademáis esta actividade para un conto semanal, pode ser divertida para eles.

SEMANA DO 14 AO 17 DE ABRIL 

 

Un abrazo ben forte a todos da profe Ana que vos bota moito de menos

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut