Skip to Content

Dinamización da Lingua Galega

Actividades de fomento do uso do galego

ENTROIDO NO CORNIDE

Este luns 5 de febreiro comeza a semana de Entroido no Cornide.

 

Pica na imaxe para saber máis

A PALABRA DA SEMANA

Xa estamos aquí coa nosa Palabra da semana. Nesta ocasión os cativos e cativas do CEIP José Cornide terán que pescudar sobre o significado da palabra MOUCHO.

Xa veredes que traballiños máis creativos nos van facer!

 

A PALABRA DO 2023

Xa temos aquí a palabra do ano 2023!! 

A palabra elixida por votación popular é cibercarracho/a  un neoloxismo que ten relación moi directa coa ciberdelincuencia e os ciberataques informáticos. 

Coñecíades este termo?

 

ELECCIÓN DA PALABRA DO ANO

 

A  PALABRA DO 2023

 

A Real Academia Galega e a Fundación Barrié promoven a elección da Palabra do Ano. Anímate e propón a túa palabra especial en galego, para que saia elixida como A Palabra do Ano.

O proceso de selección remata o domingo 10 de decembro. Pincha na imaxe e participa!

 

 

 

 

A PALABRA DA SEMANA

Este curso retomamos un proxecto que lle encanta a pequerrechos e maiores do noso centro. Volveu A PALABRA DA SEMANA!! cargada de palabriñas moi nosas, cun cariño e son especial en galego.

Nesta actividade os nosos cativos e cativas dan renda solta á súa imaxinación e crean traballiños incríbles: manualidades, contos, fábulas, investigacións, vídeos, poemas... Un sinfín de marabillosas e creativas tolemias que se lles pasan polas súas cabeciñas e que amosan ao resto de alumnado os venres na nosa Hora do conto.

Se pinchades na imaxe da árbore poderedes ver as palabras e traballos que fixemos ata o de agora.

Estade ben atentos a que palabra toca esta semana! 

 

 

CHEGOU O MAGOSTO

Ummm.... este cole cheira a lume e castañas.... 

Por fin chegou o Magosto ao Colexio José Cornide, e inda que a chuvia non nos deu tregua no San Martiño, nós saímos a celebralo con castañas e un leitiño! E que ben o pasamos!! 

Pinchade no enlace e xa veredes!

A palabra da semana

SEMANA DE ENTROIDO - FEBREIRO 2023

Na semana do Entroido puidemos coñecer tradicións de outras zonas de Galiza.

Tivemos en exposición:

                                                                                           

 

        unha pantalla de Xinzo de Limia      e      un traxe de Xeneral do Ulla, do Concello de Teo.

 

E recibimos a visita duns correos da Ulla e do xornal TEOVIVO:

         

ENTROIDO 2023

Que ben o pasamos no desfile do Entroido despois de tanto traballo para facer os disfraces!!

Distribuir contido


by Dr. Radut