Skip to Content

Blogue de jessicmir

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS

Esta semana no CEIP José Cornide celebramos as Letras Galegas por todo o alto, fixemos multitude de xogos interactivos, cancións, libriños biográficos, recitados de poemas, murais.... Queredes unha pequena mostra? Pinchade na imaxe e xa veredes!

 

 

A PALABRA DA SEMANA

Xa estamos aquí coa nosa Palabra da semana. Nesta ocasión os cativos e cativas do CEIP José Cornide terán que pescudar sobre o significado da palabra CABALIÑO DO DEMO.

Ánimo cos vosos traballiños rapaces!

 

A PALABRA DO 2023

Xa temos aquí a palabra do ano 2023!! 

A palabra elixida por votación popular é cibercarracho/a  un neoloxismo que ten relación moi directa coa ciberdelincuencia e os ciberataques informáticos. 

Coñecíades este termo?

 

ELECCIÓN DA PALABRA DO ANO

 

A  PALABRA DO 2023

 

A Real Academia Galega e a Fundación Barrié promoven a elección da Palabra do Ano. Anímate e propón a túa palabra especial en galego, para que saia elixida como A Palabra do Ano.

O proceso de selección remata o domingo 10 de decembro. Pincha na imaxe e participa!

 

 

 

 

A PALABRA DA SEMANA

Este curso retomamos un proxecto que lle encanta a pequerrechos e maiores do noso centro. Volveu A PALABRA DA SEMANA!! cargada de palabriñas moi nosas, cun cariño e son especial en galego.

Nesta actividade os nosos cativos e cativas dan renda solta á súa imaxinación e crean traballiños incríbles: manualidades, contos, fábulas, investigacións, vídeos, poemas... Un sinfín de marabillosas e creativas tolemias que se lles pasan polas súas cabeciñas e que amosan ao resto de alumnado os venres na nosa Hora do conto.

Se pinchades na imaxe da árbore poderedes ver as palabras e traballos que fixemos ata o de agora.

Estade ben atentos a que palabra toca esta semana! 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut