Skip to Content

audición e linguaxe

Proposta para a semana do 15 ao 19 de xuño: O VERÁN.

Nuns días chega o verán. Chegan os paseos ata a noitiña, os xeados e gozar do sol e a calor. Tamén será tempo de vacacións, este ano máis ansiadas e merecidas que nunca. Para esta última semana recoméndovos varias actividades para traballar esta época do ano.

1. Vacacións na praia

 

2. Unha tarde na feira

 

3. Manualidades

 

4. Ola verán (1ª parte)

 

 

5. Ola verán (2ª parte)

 

Que pasedes unhas felices vacacións!

 

Proposta para a semana do 8 ao 12 de xuño: RELAXACIÓN.

Realizar actividades de relaxaxión favorece a concentración, mellora a respiración e, algúns exercicios concretos como os da cara e o pescozo, melloran o ton dos órganos implicados na fonación. Aquí tedes algúns recursos para traballala:

1. Conto "Respira"

 

2. Vídeo de Eugenia Romero "Aprende a relajar cara y cuello"

 

3. Relaxación "Tranquilos y atentos como una rana"

 

4. Mandalas para colorear

Proposta para a semana do 1 ao 5 de xuño: ATENCIÓN E MEMORIA.

Coas seguintes actividades poñeremos a proba a nosa atención e memoria. Espero que vos gusten!

 

1. Adestramos a nosa memoria

 

2. Comprensión de instrucións orais.

 

3. Atopa as diferenzas (debedes descargalo para poder xogar).

 

4. Actividade musical de imitación

A canción que sona no vídeo é Walking to the left”, por se queredes empregar a mesma.

 

Feliz semana!

 

 

Proposta para a semana do 25 ao 29 de maio: CREAMOS HISTORIAS.

Cando temos que crear contos ou relatar historias, ás veces resulta difícil pensar os personaxes, lugares ou as accións que van a protagonizar a nosa aventura. A continuación propóñovos uns xogos que de seguro vos servirán de axuda.

 

1. Ruletas dos contos máxicos.

Para xogar debedes descargalo. Poñede as ruletas en marcha picando tres veces no botón vermello que atoparedes abaixo á dereita. Para detelas debedes darlle dúas veces ao mesmo botón. Xa tedes o personaxe, o lugar e o obxecto que serán os protagonistas da vosa historia.

 

2. Story cubes.

Picade nos dados e listo! Fixádevos que enriba de cada un deles aparece o papel que terá cada dado na vosa historia.

 

 

Proposta para a semana do 18 ao 22 de maio: PASAPALABRA.

Para esta semana recoméndovos dous xogos de Pasapalabra. O primeiro é para traballar o fonema RR. No segundo debedes picar a imaxe que comece con cada letra do abecedario.

Espero que vos gusten. Feliz semana!

 

 

 

Proposta para a semana do 11 ao 15 de maio: INFERENCIAS.

As inferencias refírense á capacidade de sacar conclusións a partir da información dada, ben sexa unha imaxe, un texto ou unha mensaxe oral.

Picade nas seguintes imaxes para acceder aos materiais.

Feliz semana!

 

1. INFERENCIAS SINXELAS

 

 

2. INFERENCIAIS VISUAIS 

 

 

 3. ESCOLLE A OPCIÓN CORRECTA 

 

 

 

4. ACTIVIDADES VARIADAS 

 

 

5. INFERENCIAS EN PEQUENOS TEXTOS 

 

 

Proposta para a semana do 5 ao 8 de maio: CONCIENCIA FONOLÓXICA.

A conciencia fonolóxica favorece a adquisición e desenvolvemento da lectoescritura xa que permite recoñecer e manipular os sons, as sílabas, as palabras e as frases que compoñen a nosa linguaxe.

A continuación axúntovos algunhas actividades para traballala:

1. CONTAR SÍLABAS:

 

 

2. RIMAS: 

 

 

3. ADIVIÑA QUE PALABRA QUEDA:  

 

 

4. ADIVIÑA A PALABRA SECRETA:

 

 

5. ADIVIÑA A FRASE OCULTA:

Feliz semana!

Proposta para a semana do 27 ao 30 de abril: SOPRO.

Nas sesións de Audición e Linguaxe dedicamos un tempiño de cando en vez a traballar o sopro. Os beneficios que aporta son:

1. Mellorar a respiración para a fala.

2. Aprender a manexar e controlar o aire ao falar.

3. Adestrar os órganos bucofonatorios que participan na articulación.

4. Optimizar a pronunciación e axudar a consolidar os fonemas.

Para traballar o sopro podedes utilizar materiais como pompeiros, globos, “molinillos”, frauta, harmónica, chifres, “matasuegras”, etc.

Ademais propóñovos facer algunha das seguintes actividades que de seguro vos resultarán divertidas:

Circuítos con plastilina: creades un percorrido con plastilina e soprades unha pelota ata chegar á meta.

 

 

Pintar con témperas: diluíde as pinturas en auga ata que queden bastante líquidas. Se non tedes pintura podedes usar colorante alimentario. Soprades cunha palla para pintarlle ao pelo a un boneco, facer monstros... Botádelle imaxinación!

 

Reciclar unha oveira: podedes pintala de cores, escribirlle números ou palabras e ir saltando de unha a outra soprando, con ou sen a axuda dunha palla.

 

Crear unha pipa de sopro: 

 

Que vos divirtades!

 

 

Proposta para a semana do 20 ao 24 de abril: DISCRIMINACIÓN AUDITIVA.

Ola familias!

Nesta ocasión achégovos varios materiais para traballar a discriminación auditiva, unha habilidade que nos permite recoñecer e diferenciar uns sons de outros e que favorece a adquisición e desenvolvemento da linguaxe oral e da lectoescritura.

Feliz semana!

Xogo Asociación Auditiva

 

Xogo Discrimanción Auditiva

 

Adiviña as onomatopeas dos animais

 

Adiviña os sons do corpo

 

Soan igual estas palabras?

 

Xogamos a adiviñar sons

 

Proposta para a semana do 13 ao 17 de abril: EXPRESIÓN ORAL.

Ola rapazas e rapaces!

Déixovos unha serie de propostas para realizar esta semana. Para elo debedes picar nas imaxes.

Recordade que si xa recibides traballo individualizado de Audición e Linguaxe non é preciso que o fagades.

Unha aperta e moito ánimo!

A profe Lorena

 

Distribuir contido


by Dr. Radut