Skip to Content

Proposta para a semana do 27 ao 30 de abril: SOPRO.

Nas sesións de Audición e Linguaxe dedicamos un tempiño de cando en vez a traballar o sopro. Os beneficios que aporta son:

1. Mellorar a respiración para a fala.

2. Aprender a manexar e controlar o aire ao falar.

3. Adestrar os órganos bucofonatorios que participan na articulación.

4. Optimizar a pronunciación e axudar a consolidar os fonemas.

Para traballar o sopro podedes utilizar materiais como pompeiros, globos, “molinillos”, frauta, harmónica, chifres, “matasuegras”, etc.

Ademais propóñovos facer algunha das seguintes actividades que de seguro vos resultarán divertidas:

Circuítos con plastilina: creades un percorrido con plastilina e soprades unha pelota ata chegar á meta.

 

 

Pintar con témperas: diluíde as pinturas en auga ata que queden bastante líquidas. Se non tedes pintura podedes usar colorante alimentario. Soprades cunha palla para pintarlle ao pelo a un boneco, facer monstros... Botádelle imaxinación!

 

Reciclar unha oveira: podedes pintala de cores, escribirlle números ou palabras e ir saltando de unha a outra soprando, con ou sen a axuda dunha palla.

 

Crear unha pipa de sopro: 

 

Que vos divirtades!

 

 



page | by Dr. Radut