Skip to Content

Recreos Activos

Preparados para DAFIS!

  Por fin recibimos o baúl de DAFIS pero... Pode que esteades a preguntarvos que é iso. Pois ben, DAFIS é unha iniciativa no ámbito escolar deseñada para a prevención da inactividade física, o sedentarismo e o sobrepeso nos escolares galegos. Como se leva a cabo este proceso? Primeiramente por medio duns protocolos de valoración e test e a continuación volcando os datos nunha plataforma específica na que valorar os datos obtidos elaborando informes, estatísticas e avaliar o estado físico de cada alumno ou alumna, detectando os aspoectos nos que é posible unha mellora. O obxectivo final será lograr unha comunidade educativa máis san e activa e que traslade este modo de vida ás familias e ao entorno máis próximo.

 

  Se queredes consultar máis información, podedes acceder ao seguinte enlace:

https://dafis.xunta.es/index.php

Coñecendo a Esgrima

O alumnado de Primaria puido desfrutar de 4 sesións de Esgrima impartidas polo clube 100tolos.

 

 

 

Os xogos do Magosto

Para celebrar o Magosto, ademais de degustar as castañas asadas que están TAAAAN RICAS, todo o alumnado do centro participou nunha serie de xogos que estaban organizados polo nenos e nenas de sexto. Os días antes, os maiores explicáronllos aos pequenos.

Coñecendo o Baloncesto

Os monitores do clube Basquet Coruña, ofrecéronnos unhas xornadas para promocionar o Baloncesto.

POLO SAN MARTIÑO PEÓNS AO CAMIÑO

O día 11 de novembro foi do Día de San Martiño, así que.......PEÓNS AO CAMIÑO.

Así bailaron os nosos peóns e tivemos a axuda dalgún avó. Moitas grazas!!!

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut