Skip to Content

ANPA

ANPA SARDIÑEIRA

A ANPA Sardiñeira, do CEIP José Cornide Saavedra, encárgase, entre outras cousas, da organización do Servizo de Comedor e das Actividades Extraescolares.

 

Os datos de contacto da ANPA son os seguintes:

 

 

 anpa.sardinheira@gmail.com

 

      693 39 93 25

BENVIDA CURSO 2023/2024

 

Estimadas familias:

En primeiro lugar queremos dar a benvida ao noso colexio José Cornide Saavedra a todas aquelas familias de nenos e nenas que comezades este curso escolar, desexando que veñades con grande ilusión e que pronto vos sintades, tanto vos coma os vosos nenos e nenas, membros desta familia.

Ás familias que xa formades parte de cursos anteriores, saudarvos dende a ANPA no ánimo de que teñamos un curso fantástico, coma sempre.

Para axudar a que sexa así, queremos que os que vos incorporades teñades unha pequena idea do que xestionamos a través da ANPA, e ás familias que xa estabades o cole, facervos un recordatorio co obxectivo de que, na medida do posible, dende a ANPA poidamos ser unha vía de comunicación co colexio e un punto de apoio nas situacións que poideran ir xurdindo.

- Comedor Escolar: a coordinación do comedor escolar faise a través da ANPA, sendo actualmente a empresa de catering encargada do seu servicio “Jardanay”. Indicar que as inscricións no comedor fanse de forma dixital, o periodo de inscrición será do 1 ó 30 de agosto. Pódese contratar o servizo en calquera das catro modalidades de comedor (fixo mensual, fixo 4 días, fixo 3 días, fixo 2 días, fixo 1 día e esporádico).

- Madrugadores: Dende hai un ano estase levando a cabo o servizo de madrugadores. Sempre e cando haxa como mínimo unha solicitude dun neno ou nena na modalide de fixo mensual. Este servizo tamén é a través da empresa “Jardanay” e ten o mismo período de inscrición que o servizo de comedor. Do mesmo xeito ofreceranse tódalas modalidades de inscrición (fixo mensual, fixo 4 días, fixo 3 días, fixo 2 días, fixo 1 día e esporádico). O horario de este servizo é de 8:00 a 9:00 h. Este ano aprobouse, entre todos os socios da Anpa, que este servizo esté en vigor mentres haxa polo menos unha solicitude de un neno/a en modalidade fixo mensual e mentres o resto do servizo se poida manter co importe recibido da subvención do comedor correspondente a ese ano.

- Actividades extraescolares: a través da ANPA coordinamos as actividades que realizan os nenos e nenas do colexio, intentando que sirvan como divertimento e aprendizaxe para os alumnos e alumnas así como para a conciliación laboral das familias. Como idea: as actividades que se levaron a cabo foron combinando as que organiza e subvenciona o Concello da Coruña (patinaxe, capoeira) con outras impartidas directamente por clubes e persoal especializado (baloncesto, judo, patinaxe, multiactividade). Actualmente está en vigor un acordo coa academia de inglés “Masterclass” para poder acudir a o seu centro na Avenida dos Mallos cun precio inferior ao xeral. Noutros anos, cando o número de nenos e nenas que o solicitaron foi suficiente, realizáronse tamén outras actividades do Concello, como P.O.E. e programa CÓXEGAS. Máis adiante informarémosvos das propostas para levar a cabo ditas actividades no vindeiro curso. O pasado curso intentouse facer un campamento de verán no noso centro para axudar á conciliación das familias, pero non se conseguiu o mínimo de solicitudes precisas para levalo a cabo.

- Excursión fin de curso: no comezo de cada curso escolar, faise una reunión para os socios da ANPA na que, entre outros puntos, inténtase acordar entre todos e por maioría, a excursión ou actividade a organizar para que no final de curso os alumnos e alumnas do colexio teñan un día, a poder ser, inesquencible. Este curso fíxose unha excursión ao “Ecoparque Atalaia” situado en Cotobade, Pontevedra.

- Foto fin de curso: xa é tradición que a través da ANPA se lles faga unha foto aos nenos e nenas de cada aula para que poidan ter un recordo cos seus compañeiros e compañeiras. Este último ano contratouse a realización dunha reportaxe fotográfica coa empresa Sonrisa Escolar, aos socios da Anpa financiáronselle 5€ do custo do reportaxe completo. Tamén había a opción de mercar só a foto de grupo cun custo de 3€ para os socios da Anpa.

- E, por suposto, estamos sempre dispostas a escoitar suxerencias das familias que poidan axudar a que a ANPA en concreto, e o colexio en xeral, poida ir mellorando.

 

Todas as familias que fagan uso do comedor, madrugadores ou participen nas actividades extraescolares deben ser socias da ANPA.

A cuota anual é de 30€ por un neno, 35€ por dous e 37.50€ por tres.

 

Para poder resolver calquera dúbida que vos poida xurdir, poñemos a vosa disposición o correo electrónico da ANPA (anpa.sardinheira@gmail.com) e o teléfono móvil para a comunicación a través de whatsapp (693 39 93 25).

 

Recordade que as familias que non sexan socias non temos os datos e non lles podemos enviar a información nós directamente.

Xa por último, facilitámosvos un enlace para que, se así o decidides, poidades formar parte da nosa ANPA.

 

Inscrición ANPA

 

Esperando poder axudarvos neste vindeiro curso, recibide un afectuoso saúdo.

 

En A Coruña, a 5 de xullo de 2023

ANPA SARDIÑEIRA

DE LA ESCUELA INFANTIL Y

EDUACIÓN PRIMARIA JOSE CORNIDE

INFORMACIÓN INICIO CURSO 22/23

PULSANDO AQUÍ PODEN ACCEDER A INFORMACIÓN IMPORTANTE DA ANPA SOBRE O INICIO DO CURSO.

IMPORTANTE!!!!! INSCRICIÓN COMEDOR ESCOLAR - CURSO 2021/2022

Período de inscrición do 10 ao 30 de agosto

 

A continuación hai uns documentos coa información.

Este é o enlace para a inscrición dos socios

https://forms.gle/2ebMoNn5girqBLhK9

ASAMBLEA ANPA

ACHEGAMOS INFORMACIÓN ASAMBLEA ANPA

PROTOCOLO COMEDOR CURSO 2020/2021

A continuación podedes consultar o protocolo do comedor de adaptación á COVID 19 para o curso 2020/2021.

 

Aspectos máis importantes:

  • Establécese un turno no servizo de comedor con dous accesos:

                       - Primeiro acceso para Infantil: 13:30h

                       - Segundo acceso para Primaria, na seguinte orde:

                                     -1º e 2º de Primaria: 13:40h

                                     -3º e 4º de Primaria: 13:50h

 

                                     -5º e 6º de Primaria: 14:00h

 

  • O servizo de comedor finaliza ás 16:00h. Realizarase unha saída de forma similar á do colexio. Serán escalonadas dende as 15:40h ata as 16:00h a intervalos de 5 minutos.:

                                      15:40h Grupo 4º-5º infantil

                                      15:45h Grupo 5º-6º infantil

                                      15:50h 1º e 2º EP

                                      15:55h 3º e 4º EP

                                      16:00h 5ºe 6º EP

 

 

  • A saída levarase a cabo polo portalón grande da Avda da Sardiñeira. Soamente un membro de cada familia dos nenos/as de Educación Infantil poderá acceder ao porche do colexio onde esperarán polos nenos/as. Abrirase a porta lateral pequena para o acceso das familias ás 15:40h e pecharase ás 15:45h. A saída das familias coas nenas/os será despois a través do portalón grande. As familias que non cheguen para recoller ao alumnado no seu turno, terán que esperar ata as 16.00h no portalón grande.

INFORMACIÓN SOBRE O INICIO DO CURSO 2020-2021

Estimadas familias:

Queremos ante todo desexar que todos esteades ben, e que, a pesar deste periodo tan complexo e diferente por causa da alarma sanitaria polo coronavirus, poiderades disfrutar deste verán que xa está chegando ao seu fin.

De seguida dará comezo o novo curso escolar e, para intentar afrontalo coa maior normalidade posible, tendo en conta sempre toda a normativa e recomendacións hixiénico-sanitarias actuais así como as que poidan ir saíndo, desde a ANPA estamos a intentar ofrecer tódolos servizos posibles que axuden á conciliación familiar así como ao entretemento dos rapaces e rapazas.

Na procura de que sexa así, nestes días irémosvos facilitando información e solicitando nos respondades a algunha enquisa para saber as vosas previsións de cara ao curso escolar 2020-2021.

En primeiro lugar, xunto con esta carta enviámosvos:

- Enlace formulario WEB: para que, os que teñades interese en facervos socios da ANPA, nos facilitedes os vosos datos para poder facer uso e mantervos informados de todo aquelo xestionado pola ANPA (servicio comedor, actividades extraescolares….).

https://forms.gle/Du6qpB1rYPXiiBuXA

- Comedor Escolar: adxuntamos información sobre o servicio de comedor: o periodo de inscrición comeza este mércores 19 de agosto, polo que sería importante nos enviedes o formulario web de socios canto antes para poder ter os vosos datos actualizados e así podervos informar de todo o que vaia acontecendo.

Tendo en conta as medidas hixiénico-sanitarias que se van a implementar no comedor, a capacidade do comedor vaise ver reducida de maneira considerable, polo que este ano non é segura a obtención de praza de comedor. É por iso que se estableceron uns criterios de acceso que figuran na información adxunta. En todo caso, para intentar dar cabida á maior cantidade de nenos posible, estase valorando a posibilidade de establecer varios turnos. Darémosvos máis detalles cando estea todo confirmado (xa que dependemos de coñecer o número de inscricións e da coordinación do centro educativo, Jardanay e a ANPA, tendo sempre en conta a normativa).

- Madrugadores: este ano ábrese a opción de poder inscribir aos rapaces neste servizo, se ben non se pode garantir que se vaia poder prestar ata que non se coñeza o número de inscricións.

Inicialmente, as condicións deste servizo serían: de 7:30 a 9:00 horas, con dúas modalidades:

          Con almorzo: de 7:30h a 8:15h.

          Sen almorzo: de 8:15h a 8:45h.

O periodo de inscrición tamén comeza o día 19 de agosto.

 

Recordar que, como tódolos anos, todas as familias que queiran facer uso do comedor, madrugadores ou participar nas actividades extraescolares deben ser socias da ANPA, polo que deberán enviar o formulario indicado.

 

Para poder resolver calquera dúbida que vos poida xurdir, poñemos á vosa disposición o correo electrónico da ANPA (anpa.sardinheira@gmail.com) e o teléfono móvil para a comunicación a través de whatsapp (693 39 93 25).

 

Recibide un afectuoso saúdo.

 

En A Coruña, a 17 de Agosto de 2020

PRESENTACIÓN DA ANPA ÁS NOVAS FAMILIAS

Deixámosvos a continuación unha carta de presentación e benvida para as novas familias ou para as que aínda non son socias da ANPA,  que se animen a formar parte dela.

Tamén tedes un documento de actualización de datos para as familias que xa forman parte de ANPA, para o vindeiro curso 2020-2021. En breve facilitarase un enlace para poder facer esta actualización de xeito telemático.

15 claves para triunfar con tu presentación - Startcomm                                                         Actualización de datos - Noticias y datos curiosos - ClubOsi

Distribuir contido


by Dr. Radut