Skip to Content

INFORMACIÓN SOBRE O INICIO DO CURSO 2020-2021

Estimadas familias:

Queremos ante todo desexar que todos esteades ben, e que, a pesar deste periodo tan complexo e diferente por causa da alarma sanitaria polo coronavirus, poiderades disfrutar deste verán que xa está chegando ao seu fin.

De seguida dará comezo o novo curso escolar e, para intentar afrontalo coa maior normalidade posible, tendo en conta sempre toda a normativa e recomendacións hixiénico-sanitarias actuais así como as que poidan ir saíndo, desde a ANPA estamos a intentar ofrecer tódolos servizos posibles que axuden á conciliación familiar así como ao entretemento dos rapaces e rapazas.

Na procura de que sexa así, nestes días irémosvos facilitando información e solicitando nos respondades a algunha enquisa para saber as vosas previsións de cara ao curso escolar 2020-2021.

En primeiro lugar, xunto con esta carta enviámosvos:

- Enlace formulario WEB: para que, os que teñades interese en facervos socios da ANPA, nos facilitedes os vosos datos para poder facer uso e mantervos informados de todo aquelo xestionado pola ANPA (servicio comedor, actividades extraescolares….).

https://forms.gle/Du6qpB1rYPXiiBuXA

- Comedor Escolar: adxuntamos información sobre o servicio de comedor: o periodo de inscrición comeza este mércores 19 de agosto, polo que sería importante nos enviedes o formulario web de socios canto antes para poder ter os vosos datos actualizados e así podervos informar de todo o que vaia acontecendo.

Tendo en conta as medidas hixiénico-sanitarias que se van a implementar no comedor, a capacidade do comedor vaise ver reducida de maneira considerable, polo que este ano non é segura a obtención de praza de comedor. É por iso que se estableceron uns criterios de acceso que figuran na información adxunta. En todo caso, para intentar dar cabida á maior cantidade de nenos posible, estase valorando a posibilidade de establecer varios turnos. Darémosvos máis detalles cando estea todo confirmado (xa que dependemos de coñecer o número de inscricións e da coordinación do centro educativo, Jardanay e a ANPA, tendo sempre en conta a normativa).

- Madrugadores: este ano ábrese a opción de poder inscribir aos rapaces neste servizo, se ben non se pode garantir que se vaia poder prestar ata que non se coñeza o número de inscricións.

Inicialmente, as condicións deste servizo serían: de 7:30 a 9:00 horas, con dúas modalidades:

          Con almorzo: de 7:30h a 8:15h.

          Sen almorzo: de 8:15h a 8:45h.

O periodo de inscrición tamén comeza o día 19 de agosto.

 

Recordar que, como tódolos anos, todas as familias que queiran facer uso do comedor, madrugadores ou participar nas actividades extraescolares deben ser socias da ANPA, polo que deberán enviar o formulario indicado.

 

Para poder resolver calquera dúbida que vos poida xurdir, poñemos á vosa disposición o correo electrónico da ANPA (anpa.sardinheira@gmail.com) e o teléfono móvil para a comunicación a través de whatsapp (693 39 93 25).

 

Recibide un afectuoso saúdo.

 

En A Coruña, a 17 de Agosto de 2020

AnexoTamaño
44. JC_Circular_criterios_acceso_comedor.pdf261.53 KB
44_José Cornide_díptico_2020-21_DIG.pdf1.77 MB


page | by Dr. Radut