Skip to Content

BENVIDA CURSO 2023/2024

 

Estimadas familias:

En primeiro lugar queremos dar a benvida ao noso colexio José Cornide Saavedra a todas aquelas familias de nenos e nenas que comezades este curso escolar, desexando que veñades con grande ilusión e que pronto vos sintades, tanto vos coma os vosos nenos e nenas, membros desta familia.

Ás familias que xa formades parte de cursos anteriores, saudarvos dende a ANPA no ánimo de que teñamos un curso fantástico, coma sempre.

Para axudar a que sexa así, queremos que os que vos incorporades teñades unha pequena idea do que xestionamos a través da ANPA, e ás familias que xa estabades o cole, facervos un recordatorio co obxectivo de que, na medida do posible, dende a ANPA poidamos ser unha vía de comunicación co colexio e un punto de apoio nas situacións que poideran ir xurdindo.

- Comedor Escolar: a coordinación do comedor escolar faise a través da ANPA, sendo actualmente a empresa de catering encargada do seu servicio “Jardanay”. Indicar que as inscricións no comedor fanse de forma dixital, o periodo de inscrición será do 1 ó 30 de agosto. Pódese contratar o servizo en calquera das catro modalidades de comedor (fixo mensual, fixo 4 días, fixo 3 días, fixo 2 días, fixo 1 día e esporádico).

- Madrugadores: Dende hai un ano estase levando a cabo o servizo de madrugadores. Sempre e cando haxa como mínimo unha solicitude dun neno ou nena na modalide de fixo mensual. Este servizo tamén é a través da empresa “Jardanay” e ten o mismo período de inscrición que o servizo de comedor. Do mesmo xeito ofreceranse tódalas modalidades de inscrición (fixo mensual, fixo 4 días, fixo 3 días, fixo 2 días, fixo 1 día e esporádico). O horario de este servizo é de 8:00 a 9:00 h. Este ano aprobouse, entre todos os socios da Anpa, que este servizo esté en vigor mentres haxa polo menos unha solicitude de un neno/a en modalidade fixo mensual e mentres o resto do servizo se poida manter co importe recibido da subvención do comedor correspondente a ese ano.

- Actividades extraescolares: a través da ANPA coordinamos as actividades que realizan os nenos e nenas do colexio, intentando que sirvan como divertimento e aprendizaxe para os alumnos e alumnas así como para a conciliación laboral das familias. Como idea: as actividades que se levaron a cabo foron combinando as que organiza e subvenciona o Concello da Coruña (patinaxe, capoeira) con outras impartidas directamente por clubes e persoal especializado (baloncesto, judo, patinaxe, multiactividade). Actualmente está en vigor un acordo coa academia de inglés “Masterclass” para poder acudir a o seu centro na Avenida dos Mallos cun precio inferior ao xeral. Noutros anos, cando o número de nenos e nenas que o solicitaron foi suficiente, realizáronse tamén outras actividades do Concello, como P.O.E. e programa CÓXEGAS. Máis adiante informarémosvos das propostas para levar a cabo ditas actividades no vindeiro curso. O pasado curso intentouse facer un campamento de verán no noso centro para axudar á conciliación das familias, pero non se conseguiu o mínimo de solicitudes precisas para levalo a cabo.

- Excursión fin de curso: no comezo de cada curso escolar, faise una reunión para os socios da ANPA na que, entre outros puntos, inténtase acordar entre todos e por maioría, a excursión ou actividade a organizar para que no final de curso os alumnos e alumnas do colexio teñan un día, a poder ser, inesquencible. Este curso fíxose unha excursión ao “Ecoparque Atalaia” situado en Cotobade, Pontevedra.

- Foto fin de curso: xa é tradición que a través da ANPA se lles faga unha foto aos nenos e nenas de cada aula para que poidan ter un recordo cos seus compañeiros e compañeiras. Este último ano contratouse a realización dunha reportaxe fotográfica coa empresa Sonrisa Escolar, aos socios da Anpa financiáronselle 5€ do custo do reportaxe completo. Tamén había a opción de mercar só a foto de grupo cun custo de 3€ para os socios da Anpa.

- E, por suposto, estamos sempre dispostas a escoitar suxerencias das familias que poidan axudar a que a ANPA en concreto, e o colexio en xeral, poida ir mellorando.

 

Todas as familias que fagan uso do comedor, madrugadores ou participen nas actividades extraescolares deben ser socias da ANPA.

A cuota anual é de 30€ por un neno, 35€ por dous e 37.50€ por tres.

 

Para poder resolver calquera dúbida que vos poida xurdir, poñemos a vosa disposición o correo electrónico da ANPA (anpa.sardinheira@gmail.com) e o teléfono móvil para a comunicación a través de whatsapp (693 39 93 25).

 

Recordade que as familias que non sexan socias non temos os datos e non lles podemos enviar a información nós directamente.

Xa por último, facilitámosvos un enlace para que, se así o decidides, poidades formar parte da nosa ANPA.

 

Inscrición ANPA

 

Esperando poder axudarvos neste vindeiro curso, recibide un afectuoso saúdo.

 

En A Coruña, a 5 de xullo de 2023

ANPA SARDIÑEIRA

DE LA ESCUELA INFANTIL Y

EDUACIÓN PRIMARIA JOSE CORNIDE

AnexoTamaño
Carta inicio curso 23-24.pdf177.04 KB


blog | by Dr. Radut