Skip to Content

Dinamización da Lingua Galega

Actividades de fomento do uso do galego

SEMANA DE ENTROIDO - FEBREIRO 2023

Na semana do Entroido puidemos coñecer tradicións de outras zonas de Galiza.

Tivemos en exposición:

                                                                                           

 

        unha pantalla de Xinzo de Limia      e      un traxe de Xeneral do Ulla, do Concello de Teo.

 

E recibimos a visita duns correos da Ulla e do xornal TEOVIVO:

         

ENTROIDO 2023

Que ben o pasamos no desfile do Entroido despois de tanto traballo para facer os disfraces!!

MAGOSTO NO CORNIDE

coledaseca: 2016

O 11 de novembro celebramos no centro o magosto cunha xornada chea de actividades. Neste día, celebración do san Martiño xa se sabe que... "Polo San Martiño, trompos ao camiño"! Tivemos a ocasión de asistir a un espectáculo de peonza cun campión de sona internacional que nos fixo unha chea de trucos a cada cal máis abraiante. Velaquí unha mostra visual para que vos fagades unha idea do moito que gozamos:

 

A continuación, o alumnado de 5º e 6º organizou un circuíto de xogos con castañas. Por fin puidemos compartir grupo alumnos e alumnas de distintos niveis e realmente foi un tempo que disfrutamos ao máximo. Noraboa aos organizadores!

 

    

 

   

  

PEGADAS DO NOSO

O 9 de novembro tivemos na biblioteca a actividade "Pegadas do noso" na que participou o alumnado de 1º, 2º, 3º e 4º de Primaria.

Unha proposta que misturou o xogo, coa divulgación cultural, a música e a narración oral, perfecto para lle achegar á rapazada máis pequena a riqueza do noso patrimonio cultural inmaterial desde os seus propios coñecementos e experiencias: a literatura oral, as festas galegas, as cántigas, os traxes, os apeiros e a mitoloxía, foron os contidos aos que se achegaron con talante curioso e xoguetón, para converterse en intrépidos/as investigadores/as do noso.

 

 

PEGADAS DO NOSO

O alumnado de 1º, 2º, 3º e 4º de Primaria participou na actividade "Pegadas do noso", unha proposta que mistura o xogo, coa divulgación cultural, a música e a narración oral, para achegar ao alumnado a riqueza do noso patrimonio cultural inmaterial: a literatura oral, as festas galegas, as cantigas, os traxes, os apeiros e a mitoloxía. Está enmarcada dentro do proxecto de divulgación do patrimonio galego "Xogando co patrimonio" levado a cabo por Xandobela e subvencionado pola Deputación da Coruña.

MAGOSTO 2021

O venres 5 de novembro celebramos no colexio o tradicional MAGOSTO.

 

Qué ricas estaban esas castañas!!!  Tivemos uns castañeiros moi profesionais.

E despois de papar as castañas, tocou moverse un pouquiño cos xogos do Magosto con castañas. 

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut