Skip to Content

Seguimos aprendendo

Benqueridas familias:

Xa que isto parece que vai para longo, vouvos mandar algunhas recomendación de traballo escolar.

A idea é que a situación se tome coma outra "normalidade" e os cativos non perdan a rutina, os habitos de lectura, cálculo... e a importancia de seguir aprendendo sempre.

Non debe supoñer para os pais e nais un sobreesforzo nin unha esixencia que xenere máis ansiedade da que xa temos polas circunstancias. Cada un que faga o que poida en función das súas posibilidades e capacidades. Os pequenos xa se poñerán ao día cando se retomen as clases, porque eles teñen unha capacidade de adaptación e superación enorme.

Mándovos uns enlaces a caderniños de Lengua, Lingua e Matemáticas de 1º (cedidos pola editorial santillana gratuitamente)

  • Cada día poden facer unha ou dúas follas de cada materia, comenzando polo do 2º trimestre.

    (Tamén se pode imprimir)

SEMANA DO 14 AO 17 DE ABRIL  (CADERNIÑOS DO 2º TRIMESTRE)

  • Lengua......páxinas da 4 ata a 12
  • Lingua......páxinas da 4 ata 12
  • Matemáticas........páxina da 4 ata 11

[cid:image008.jpg@01D60294.4D343210]<https://prod.santillana.com/launcher_books/books.html?book=202021213_U32_U1_U101_U2>
Cuadernos de 2º y 3er trimestre de Lengua Pauta 1º Saber Hacer Contigo<https://prod.santillana.com/launcher_books/books.html?book=202021213_U32_U1_U101_U2>

[cid:image010.jpg@01D60294.4D343210]<https://prod.santillana.com/launcher_books/books.html?book=202011213_U32_U1_U101_U2>Cuadernos de 2º y 3er trimestre de Matemáticas 1º Saber Hacer Contigo<https://prod.santillana.com/launcher_books/books.html?book=202011213_U32_U1_U101_U2>

[cid:image014.jpg@01D60294.4D343210]<https://prod.santillana.com/launcher_books/books.html?book=2020212137_U32_U1_U101_U2>
Caderno Lingua 1 Saber Facer Contigo<https://prod.santillana.com/launcher_books/books.html?book=2020212137_U32_U1_U101_U2>

 

Mándovos tamén un enlace Vicens-Vives, onde se poden descargar os libros desta editorial, e alí están os contrasinais dos nosos libros de Sociais e Naturais, para que eles repasen os temas que estivemos traballando durante o curso e vaian mirando e lendo os que nos quedaban .

Tamén están os libros de Lengua, Lingua e Mate con máis recursos.

  • Algún día, no tempo de lectura, dedicalo a estes libros de Sociais e Naturais

SEMANA DO 14 AO 17 DE ABRIL 

  • Naturais.....Tema 1 "O noso corpo"
  • Sociais.......Tema 2 "Nin unha pinga máis, nin unha menos"

https://www.vicensvives.com/vvweb/view/pages/p01/load.php?id=2786&lang=es

 

Ademáis esta actividade para un conto semanal, pode ser divertida para eles.

SEMANA DO 14 AO 17 DE ABRIL 

 

Un abrazo ben forte a todos da profe Ana que vos bota moito de menos

 

 



page | by Dr. Radut