Skip to Content

PROGRAMA RECUPÉRATE - ARCO E PROA+

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade pon en marcha no curso 2021/22 o Plan Recupera para reducir o impacto que a covid-19 tivo sobre o alumnado e as súas repercusións futuras, e proporcionar a atención educativa necesaria para a compensación de desigualdades xurdidas por esta situación. Este plan constitúese como o marco para a mellora dos resultados escolares do alumnado, especialmente o máis vulnerable, e reflicte a estratexia de fomento da calidade, a equidade, a inclusión e o éxito na educación e formación.

Para alcanzar esta meta póñense en marcha dúas liñas de actuación:

1.- Desenvolvemento da convocatoria de Contratos-programa Recupéra-T (CP Recupéra-T) co fin de lograr o éxito educativo a través do reforzo, apoio e acompañamento na aprendizaxe daquel alumnado vulnerable que, por causa da pandemia, non alcanzase os obxectivos e as competencias establecidas para o nivel correspondente.

2.- Creación da Rede de Acompañamento e Orientación persoal e familiar de Galicia (RAOGAL) constituída por 32 centros. En cada centro da rede constituirase a Unidade de Acompañamento e Orientación persoal e familiar (UACO) que actuará co alumnado e familias pertencentes a centros educativos situados dentro dun ámbito xeográfico determinado.

No noso centro solicitouse o Programa Recupéra-T: ARCO e PROA+

O reforzo no primeiro trimestre do curso 2021/22  co profesorado ARCO vai dirixido aos seguintes niveis educativos:

  • 4º e 5º de educación primaria.

O reforzo ao longo de todo o curso 2021/22 co profesorado PROA+ vai dirixido aos seguintes niveis educativos:

  • 6º de educación primaria.


page | by Dr. Radut