Skip to Content

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES CURSO 2021/2022

Estimadas familias,

Como xa sabedes, os que levades varios anos no noso colexio, ningún ano é fácil a organización e consecución de actividades extraescolares. Por ende, este ano temos a dificultade engadida de toda a problemática derivada do covid-19.

O ano pasado non se pudieron levar a cabo as actividades extraescolares por diversos motivos, pero a nosa intención e intentar recuperar a normalidade o antes posible pero mantendo, en todo caso, todas as medidas de seguridade.

ACTIVIDADES A TRAVÉS DA FEDERACIÓN:

Axuntamos tamén a información da totalidade de actividades que ten plantexadas a Federación de ANPAS en colaboración co Concello da Coruña. De todas elas, nós como ANPA debemos decidir cales imos querer que se leven a cabo no noso colexio e en qué días, polo que pedimos a vosa participación para coñecer os vosos intereses e así intentar acertar coas actividades que teñan máis probabilidades de ser elixidas.

Como podedes ler na información destas actividades, esixen un mínimo de 10 participantes, polo que mantense a problemática de chegar a formar grupo; por ende, hai que intentar elixir actividades que poidan ter amplia aceptación.

Asemade, temos que concretar desde a ANPA as actividades escollidas para o noso colexio antes do día 1 de setembro, por ser a data na que abren os períodos de inscrición, polo que é fundamental que nos trasladedes os vosos intereses canto antes.

ACTIVIDADES A TRAVÉS DE CLUBES DEPORTIVOS PRIVADOS:

Este ano queremos reunirnos coas persoas que anos anteriores impartiron as actividades deportivas, concretamente Judo e Baloncesto (se seguisen a ser do voso interese), así como dalgunha outra na que se viran opcións de formar grupo e levar a cabo a actividade.

É por iso que pedimos a vosa colaboración respondendo á enquisa da que vos pegamos enlace, para poder ter información dos vosos intereses e así poder ir facendo xestións canto antes e intentar facer todo o posible para que se leven a cabo a maioría de actividades posibles.

https://forms.gle/zDUNh3sosZ8pYwcZ8

 

Coma sempre, calquera dúbida que teñades, preguntádenos sen problema.

 

Moitas gracias de antemán pola vosa colaboración.

Un saúdo,

ANPA SARDIÑEIRA José Cornide · Correo electrónico: anpa.sardinheira@gmail.com · Whatsapp: 693 39 93 25

 

AnexoTamaño
Programas FED_ANPAS 2021-22.pdf1.99 MB


page | by Dr. Radut