Skip to Content

Seguimos aprendendo. Semanas do 8 ao 19 de xuño

El cómic de 'Mortadelo y Filemón' que predijo la pandemia del ...

Este curso vai rematando.

Noutros tempos estaríamos ensaiando todos moi emocionados a nosa función fin de curso. Agora non pode ser, pero volveremos con máis ilusión a aquelas festas no cole con todas as familias.

Para os días que nos quedan, que a rapazada siga traballando nos seus libros e despois a pasar o mellor verán posible.

Propoño tamén unha actividade para que eles reflexionen:

Que foi o peor e o mellor deste confinamento?

 (estar máis tempo con papá e mamá, non ter que madrugar...non poder xogar cos amigos, non poder dar abrazos aos avós...)

 

Colle unha folla ou un folio e divídeo en dúas metades.

Nunha metade escribe un texto explicando o que che pareceu peor deste tempo e fai o debuxo.

Noutra metade escribe un texto explicando o que che pareceu mellor deste tempo e fai o debuxo.

E, se podedes, enviádeme este traballo ao meu correo electrónico. Graciñas de antemán.

 

 

E o conto da semana é:

 

O CASCABEL DA GATA

 



page | by Dr. Radut