Skip to Content

Blogue de admin

COMEZAMOS UN NOVO CURSO 2022-2023

 

E isto foi o que atopamos en setembro despois das vacacións do verán.....

A BERZA - PALMEIRA!!!!

Que ata tiña seguidoras que paraban a visitala cada vez que pasaban por diante.

DECIDIMOS CONTRUÍR UNS BANCAIS

Para iso tivemos que facer un montón de cálculos co profe Marcos.

Dende medir os listóns e a distancia entre eles para que quedaran paralelos, ata calcular o volume de terra que iamos necesitar para encher os bancais.

   

Como xa era algo tarde, decidimos non plantar nos bancais ata o seguinte curso.

ASÍ ERA A NOSA HORTA

  

                       

CARTAS PARA A PALMA

A semana pasada partiron cara a Palma as nosas cartas agarimosas para darlles moitos ánimos a todos os nenos e nenas da Palma afectados polo volcán.

 

DÍAS NON LECTIVOS CURSO 2021/2022

A Dirección do CEIP José Cornide Saavedra informa de que solicitude presentada pola Presidenta do Consello Escolar ante a Xefatura Territorial de aprobación de  dous días non lectivos para o presente curso 2021/22:

-  7 de decembro de 2021

-  16 de maio de 2022

recibiu o visto bo e foi autorizada a día 12 de novembro con data de entrada no centro a 15 de novembro de 2021.

 

 

Polo tanto eses dous días non haberá clase

MAGOSTO 2021

O venres 5 de novembro celebramos no colexio o tradicional MAGOSTO.

 

Qué ricas estaban esas castañas!!!  Tivemos uns castañeiros moi profesionais.

E despois de papar as castañas, tocou moverse un pouquiño cos xogos do Magosto con castañas. 

 

 

 

BOMBEIROS CORUÑA

O pasado luns día 8 de novembro

o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria

participou nunha actividade na Praza de María Pita organizada por Bombeiros Coruña,

con motivo da Semana da prevención.

 

CONVOCATORIA ASAMBLEA ORDINARIA

Estimadas familias:

Adxuntamos convocatoria de reunión ordinaria da ANPA.

Despois de confirmar coa escola e vendo a situación actual, finalmente optamos por facer reunión presencial no patio cuberto do colexio.

É imprescindible que tódolos asistentes vaian con MASCARILLA. Na zona de acceso facilitarase xel hidroalcólico.

Tanto a entrada como a saída ao Colexio farase polo portalón grande.

Respecto do punto primeiro da orde do día, aqueles que queiran ter unha copia das contas a aprobar pode pedila por whatsapp ou correo electrónico.

Esperamos que poidades asistir á reunión todos os posibles para poder tratar e tomar decisións contando coa participación do maior número de socios posibles.

Pinchando aquí, tedes a convocatoria da reunión.

 

Moitas grazas pola vosa colaboración.

PROXECTO DOCUMENTAL DO CURSO 2021-2022

O Proxecto Documental que imos a desenvolver ao longo deste curso leva por título:

CÓNTAME: QUERIDO AVÓ - QUERIDA AVOA

 

Pinchando na imaxe podedes consultar o proxecto que imos desenvolver

CARREIRA ENKI 2021

O venres 22 de outubro levouse a cabo no noso colexio a CARREIRA ENKI; unha carreira de obstáculos que se desenrola como unha proba lúdica, non competitiva, apta para todas as idades e condicións que, a través do xogo, promove a inclusión e a visualización de colectivos e persoas con diversidade funcional, así como o respecto e a educación na diversidade.

ENKI PROYECTO

Que ben o pasamos!!!!

 

 

 

SOMOS GAÑADORES!!!!!!!!!!!

Photocall máis orixinal

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut