Skip to Content

Blogue de admin

TERAPIA CON CABALOS

Hoxe viñeron a explicarnos a labor que fan en Equinosens e as súas terapias con cabalos. Tamén nos falaron sobre os coidados que deben ter estes animais.


Pero Laura non veu soa, como non podía ser doutro xeito, trouxo un animaliño

   

 

   

 

 

QUE BEN QUEDOU A NOSA PLANTACIÓN

    

    

 

 

UN CAN GUÍA NO CORNIDE

O 24 de abril recibimos a visita da ONCE no noso colexio, viñeron Corina Maña e o seu can guía Peny.

Corina é unha persoa invidente, protagonista do programa "Coa luz do corazón" da TVG ademais de profesora de Braille. Aquí podemos vela conducindo un coche.

Desfrutamos un montón coas súas historias e o seu humor para contarnos situacións da súa vida diaria. Tamén estivemos encantados coa cadelina Peny que nos axudou a coñecer a labor tan importante que fan estos cans.

Cuns antifaces de ocultación da visión puidemos facernos unha idea do complicada que pode resultar a vida para unha persoa invidente, tamén probamos a empregar o bastón e a ler algún conto en Braille.

 

 

COMEZA A ÉPOCA DE PLANTAR OS BANCAIS

Participamos no proxecto "A horta que queremos" cofinanciado polo Concello de A Coruña e Repsol.

Grazas a este proxecto, recibimos: terra, humus, plantas para os bancais e asesoramento de cultivos.

Instalamos o rego nos bancais.

E con toda esta axuda, comezamos a plantar:

      

 

Leitugas, cabaciños, cabazas, talletes, caléndula, xudías, espinacas, cenorias, rabaniños, brócoli, coliflor, pementos, tomates, berenxenas, alfábega, allos, porros...

BOSQUES COMESTIBLES

Dentro do Plan de Formación do Profesorado, neste curso recibimos unha docencia sobre "Bosques Comestibles".

Fixemos unha análise do patio e entre outras cousas, decidimos renovar o recuncho que temos detrás dos bancais.

 

     

                     ANTES                                               DESPOIS


Podamos a árbore que está á dereita da imaxe, o 

Retiramos plantas que xa estaban secas.

Limpamos o chan, removemos a terra e abonamos.

Plantamos: Framboeseiro, Physalis, Pataca de aire, Lavanda e Herbaluísa.

Tapamos a terra arredor das plantas con cartos e cubrimos con palla para que non saíran herbas.

        

 

 

PREPARANDO OS BANCAIS

Xa estamos na Primavera e tivemos que preparar os nosos bancais para a horta anual.

Canto nos custou arrincar a BERZA-PALMEIRA!!! e todas as raíces que había na terra.

     

                                                        

E incluso recibimos indicacións dunhas veciñas que pasaban por alí.

    

SEMANA DE ENTROIDO - FEBREIRO 2023

Na semana do Entroido puidemos coñecer tradicións de outras zonas de Galiza.

Tivemos en exposición:

                                                                                           

 

        unha pantalla de Xinzo de Limia      e      un traxe de Xeneral do Ulla, do Concello de Teo.

 

E recibimos a visita duns correos da Ulla e do xornal TEOVIVO:

         

PREPARANDO AS SEMENTES DE RUSSULA

Hoxe puxemos a remollo as follas do calendario plantable que nos regalara a empresa Russula. A ver se xerminan pronto para plantalas nas nosas macetas.

 

 

 

      

RECOLLIDA DE ALIMENTOS PARA A PROTECTORA GATOCAN

Como parte do Proxecto deste curso, toda a Comunidade Educativa colaborou na recollida de alimentos para cans e gatos para a protectora de animais GATOCAN.

 

 

 

RUSSULA - CALENDARIOS PLANTABLES

Hoxe recibimos a visita de persoal da empresa Russula. Explicáronnos o que fai a súa empresa e unha das intervencións que fan en favor do medio ambiente.

 

 

Regaláronnos uns calendarios con follas que conteñen sementes para plantar tomates, flores, camomila e cenorias.

 

          

Distribuir contido


by Dr. Radut