Enviado por admin o Xov, 23/06/2022 - 17:41
As nosas compañeiras de Imaxe Persoal Lola Recarey, Mar Martinez e Mercedes Fernández, o pasado mes de maio estiveron de Erasmus na empresa BRERA en Paestum, na provincia de Acropolis en Italia. Desenvolve e fábrica dispositivos médicos para o mercado profesional da estética e da medicina. Son pioneiros e líderes recoñecidos en medicina estética e fisioterapia en todo o mundo. Despois de tres xeracións e 30 anos de experiencia, Brera aínda combina a creatividade e a intuición tradicionais italianas con tecnoloxías avanzadas para satisfacer as necesidades das persoas no campo da beleza e da medicina.
Enviado por admin o Xov, 23/06/2022 - 17:31
As profesoras de Imaxe Persoal do IES de Teis, María González Meijide, Guadalupe Lorenzo Malvar e Natalia Vérez Cotelo tiveron a oportunidade de realizar unha estancia formativa no norte de Italia do 3 ao 10 de maio de 2022 gracias ao programa Erasmus+. Cunha apertada axenda, as docentes visitaron Abano terme cos obxectivos de coñecer as técnicas hidrotermais utilizadas na zona, así como os tratamentos estéticos en auxe e máis demandados polo turismo termal, ademais de establecer contacto con diferentes empresas para que o alumnado poida facer alí a FCT.
Enviado por admin o Mér, 22/06/2022 - 22:55
Podes aceder á información neste documento.
Enviado por admin o Mér, 22/06/2022 - 22:46
Documento co calendario de reclamacións
Documentos de interese:
Enviado por admin o Mar, 21/06/2022 - 23:24
Documento co calendario da convocatoria ordinaria curso 2021/2022
Documentos de interese:
Enviado por admin o Mér, 15/06/2022 - 12:40
Estes son os prazos de matrícula para o alumnado do centro que aprobou todas asignaturas/módulos ou ben promociona ao seguinte curso.
Enviado por admin o Ven, 17/06/2022 - 09:07
Na semana do 8 ao 14 de maio o secretario e membro do equipo directivo do IES de Teis, Juan Carlos Pérez, xunto con profesores do IES de Senia de Valencia, IES do Lago de Madrid e o centro Daniel Castelao de Vigo, socios do consorcio dentro do programa KA107 liderado polo noso centro, visitaron diferentes centros educativos e institución empresariais de Albania.
Enviado por admin o Xov, 16/06/2022 - 20:05
O pasado mes de maio a nosa compañeira Vanesa Resúa realizou unha mobilidade Erasmus+ KA101 a Helsinki, Finlandia, dunha semana de duración. Consistiu, por unha banda, nun curso de 25 horas de formación “Effective pedagogies for 21st-Century Learning”, onde se abordaron as distintas estratexias pedagóxicas asentadas na atención á diversidade, e na formación para a igualdade de oportunidades, nunha sociedade da que ninguén pode quedar excluído. Paralelamente, puido coñecer as bases do sistema educativo finés, modelo de éxito en Europa. Xunto con isto o coñecemento da cultura e do país formou parte tamén da experiencia.
Enviado por admin o Mar, 14/06/2022 - 10:35
Dende o IES de Teis, queremos felicitar a Ángela Mosquera Oterino, alumna do primeiro curso de FPBásica de Peiteado e Estética, pola súa gran labor e esforzo tras participar na 1ª Edición de FPBÁSICA SKILLS GALICIA 2022.
Así mesmo, agradecemos tamén a labor da profesora Laura Senín Montáns, pola súa implicación e traballo como titora.
Enviado por admin o Ven, 10/06/2022 - 11:57
O venres 25 de febreiro, coincidindo coa celebración do Entroido tivo lugar na biblioteca un obradoiro de maquillaxe e peiteado levado a cabo polo alumnado de 2º do CM de Peiteado e Cosmética Capilar para o alumnado da ESO e para profesorado.
Realizáronse caracterizacións dos anos 80 e mulleres sufraxistas.
Enviado por admin o Xov, 09/06/2022 - 11:33
Unas actividades didácticas entorno a la figura del insigne autor gallego, Ramón Mª del Valle-Inclán, que culminó con una visita guiada a su casa natal en Vilanova de Arousa.
Aspectos biográficos y el entorno de esta villa marinera completaron nuestros conocimientos sobre la identidad y obra de uno de los escritores universales que produjo Galicia.
ROSA Romero. Dpto LCL.
Enviado por admin o Xov, 09/06/2022 - 00:18
Enviado por admin o Mar, 07/06/2022 - 10:50
A profesora do departamento de Imaxe Persoal do IES de TEIS, Marta Martínez, viaxou na semana do 16-20 Maio á Provenza Francesa para realizar unha estadía de formación dentro do programa Erasmus+ proxecto KA103.
A docente visitou en primeiro lugar as instalacións de Gattefossé (Lyon). Esta empresa, referente entre os provedores de ingredientes na industria da cosmética natural, ofreceulle a posibilidade de coñecer en detalle as súas últimas innovacións recentemente galardonadas na Feira INCOSMETICS 2022.
Enviado por admin o Sáb, 04/06/2022 - 20:52
O Departamento de Bioloxía e Xeoloxía, colabora co Departamento de Tecnoloxía, na realización do Club de Ciencias.
Dende o Departamento de Bioloxía, este curso ofertoúselle ó alumnado de 3º ESO a posibilidade de participar, no club de ciencias. A sesión do club de ciencias realizábase no laboratorio de Bioloxía e Xeoloxía, os luns de 16:00 a 17:30.
Enviado por admin o Ven, 03/06/2022 - 21:31
Enviado por admin o Xov, 02/06/2022 - 09:30
Con motivo do 8 de marzo, Día internacional da muller, tivemos a sorte de poder contar no noso centro con Chis Oliveira e Priscila Retamozo que nos presentaron o seu libro Comando Igualdade: a mocidade facendo a revolución feminista nas aulas, no que se narran as súas experiencias na creación do Comando Igualdade no IES Alexandre Bóveda.
Enviado por admin o Lun, 30/05/2022 - 09:44
O IES deTeis chegou a semifinal da primeira Liga Maker Drone, e non pasou a final por dous segundos de diferencia, sendo o mellor semifinalista que non pasou á final.
Gran traballo do equipo SBMAT!
Enviado por admin o Sáb, 28/05/2022 - 09:30
A pasada semana, a nosa coordinadora de Proxectos Internacionais, Patricia González, viaxou a Holanda para un job-shadowing dentro dun proxecto Erasmus+ da Consellería de Educación.
Durante a súa visita tivo a oportunidade de visitar o grupo VDL, o séptimo en volume de ventas en toda Holanda, que se dedica á electrificación de camións e autobuses, mecanizado e montaxe de vehículos, entre outros.
Enviado por admin o Ven, 27/05/2022 - 08:40
O pasado 5 de maio tivo lugar no noso instituto unha actividade de loita contra a transfobia, a homofobia e a bifobia.
Consistiu nun obradoiro no que participaron 4°ESO e 1°BAC. O alumnado dividiuse en tres grupos a cargo de Rihanna e David do IES Paralaia, e Anabel da asociación Paxaretas que se encargaron de formar ao seu equipo en feminismo, orientación sexual e transexualidade, tanto desde unha perspectiva histórica, como falando da actualidade e desmitificando conceptos relacionados.
Enviado por admin o Ven, 27/05/2022 - 08:07
Desde a biblioteca do noso instituto leváronse a cabo varias iniciativas para festexar o día do libro, entre elas, un amigo invisible de libros entre os profes que quixeron participar.
Ademais, preparouse na biblioteca unha estrutura de dúas á feitas con plumas decoradas e con frases de libros, baixo o lema "Deixa voar a túa imaxinación" onde alumnado e pofesorado puideran sacarse fotos cos seus libros favoritos.
Enviado por admin o Xov, 19/05/2022 - 17:00
O alumnado de 3º e 4º da ESO participou o 25 de marzo no Roteiro feminista "Sons de mulleres", organizado pola Concellería de Igualdade.
Nel coñeceron a historia das mulleres que tiveron importancia na cidade de Vigo e que a historia silenciou. Foi unha experiencia moi positiva para todos os participantes.
Enviado por admin o Mér, 18/05/2022 - 10:07
As pasadas semanas con motivo do Día do libro, contamos no patio cuberto como na biblioteca cunha pequena exposición de marcapáxinas.
Houbo marcapáxinas de multitude de temáticas: títulos de libros, de museos, de pinturas, de cidades ou lugares do mundo, etc., e o alumnado e persoal do centro puido buscar aqueles marcapáxinas máis curiosos.
Enviado por admin o Lun, 16/05/2022 - 18:53
Documento co calendario da convocatoria ordinaria curso 2021/2022
Documentos de interese:
Enviado por admin o Lun, 16/05/2022 - 17:16
Enviado por admin o Mar, 03/05/2022 - 11:05
Pódense consultar no seguinte documento.