Skip to main content

Bacharelato

Título que se obtén

Bacharel (Bachiller en español)

Réximes nos que se imparte

  • Ordinario:
    • Luns, Mércores e Venres: 09:00 a 14:30; Martes e Xoves: 08:10 a 14:30

Que é o Bacharelato?

O bacharelato forma parte da educación secundaria postobrigatoria e, polo tanto, ten carácter voluntario. Consta de dous cursos académicos que realízanse ordinariamente entre os 16 e 18 anos de idade. Desenvólvese en modalidades diferentes, organízase de xeito flexible e, se é o caso, en distintas vías.

Ten como finalidade:

  • Proporcionar ós estudantes formación, madurez intelectual e humana, coñecementos e habilidades que lles permitan desenvolver as funcións sociais e incorporarse á vida activa con responsabilidade e competencia.
  • Ofrecer ós alumnos e alumnas unha preparación especializada, acorde coas suas perspectivas e intereses de formación, que lles permita acceder á educación superior.

As actividades educativas no bacharelato favorecerán a capacidade do alumnado para aprender por el mesmo, para traballar en equipo e para aplicar os métodos de investigación apropiados.

Aqueles que cursen satisfactoriamente o bacharelato en calquera das súas modalidades recibirán o título de Bacharel, que terá efectos laborais e académicos.

Duración

Estas ensinanzas teñen unha duración de 2 cursos académicos (1º Bacharelato e 2º Bacharelato).

Modalidades de bacharelato no IES Teis

  • Ciencias
  • Humanidades e Ciencias Sociais

Idiomas

Máis información

Todos os días deberían ser o día contra a Violencia de Xénero