Séguenos nas redes sociais: Facebook Teis

Premios do IES de Teis

A alumna do IES de Teis, Marta Fernández Neira, premio extraordinario de Formación Profesional

Alumna co director do centro

O venres día 24 realizouse en Santiago a entrega dos Premios Extraordinarios de Formación Profesional do ano 2016 presidido polo Presidente da CCAA Alberto Núñez Feijóo. Nesta edición foi premiada a alumna do IES de Teis do CS de Estética Integral e Benestar Marta Fernández Neira.

Marta destacou ó longo do seus estudos non só pola alta cualificación académica, senón tamén polo seu carácter extrovertido, a súa xenerosidade e actitude colaborativa coas súas compañeiras e o seu bo facer profesional; foi un modelo de disciplina e lealtade para todas.

A comunidade educativa do IES de Teis, e en especial as profesoras do departamento de Imaxe Persoal, sentímonos moi orgullosas dela. Parabéns Marta!! Desexámoste un futuro brillante!!

Nesta páxina da CRTVG, tedes un vídeo do evento: http://www.crtvg.es/informativos/a-xunta-premia-os-mellores-estudantes

Deixámosvos, ademais, coas fotos do evento

1º ESO A no AquaPark de Cerceda

Alumnado na Aquapark

O pasado mércores 29 de Xuño o alumnado de 1ºESO A desfrutou do premio conseguido no programa "Clases sen fume"... nada máis e nada menos que un viaxe ao Aquapark de Cerceda.

O tempo respectou aos nosos alumnos e alumnas que desfrutaron dun día xenial. Tanto é así, que os profes non paraban de botar crema protectora. Nas fotos veredes o "diazo" a fixo.

A algúns deles sospeitase se non lle saíron aletas e escamas pois non saían do auga.

Deixamos cunhas fotos da actividade onde se demostra o ben que o pasaron!!

Bronce para Marta Souto en Cto. Gallego

La alumna Marta Souto conquistó la medalla de Bronce en el Cto. Gallego Sub-13 en dobles mixtos.

Premios para IES de Teis polo Programa Clase Sen Fume do Plan Proxecta da Xunta

Alumnado na escola vendo a demostración

Os alumnos/as de 1º ESO do IES de Teis acudiron o Palacio de Congresos de Santiago despois de ser seleccionados como finalistas polo seu traballo, xunto con outros seis centros máis de toda a comunidade, polo Programa Clase Sen Fume do Plan Proxecta da Xunta. Durante o curso tiñan que realizar un eslogan, unha representación gráfica e unha actividade creativa.

No acto de entrega de premios o IES de Teis alzouse co premio “Accésits actividade creativa” á clase de 1ºB e co premio “Clases sen fume 2015-2016” á clase de 1ºA polo que poderán disfrutar dun día no Aquapark de Cerceda e unha semana co Programa multiaventura no Complexo as Mariñas de Bergondo. O profesor e titor Ángel Álvarez Faro tamén foi galardoado co premio Innovación Educativa. Grazas o bo traballo dos rapaces e a boa orientación do seu titor tiveron unha xornada do máis gratificante.

Deixamos unhas cantas fotos da entrega de premios polo Conselleiro de Sanidade, Jesús Váquez Almuiña, e colgamos o vídeo que realizaron os alumnos/as co seu titor. Non vos esquezades “Se queres durar, non has de fumar”

Deixámosvos coas fotos do evento

O IES de Teis logra o terceiro posto no Campionato Provincial Escolar de Bádminton na categoría infantil feminina

O sábado 28 de maio celebrouse o Campionato Provincial Escolar de Bádminton no pavillón municipal Alvaro Pino de Ponteareas.O noso equipo infantil feminino logrou o terceiro posto. ¡¡Noraboa!!

Distribuir contido

Profesorado

Pais/Nais