Enviado por secretaria o Sáb, 11/12/2021 - 19:07
Para solicitar a baixa deberá realizar os seguintes pasos (a partires do 30 de setembro, as baixas no réxime modular serán do curso completo, esgotando unha convocatoria):
Opción 1: sen certificado dixital nin DNI electrónico
- Descargar o formulario de baixa dende o enlace.
- Cubrir os datos, imprimir e asinar a man.
- Escanear e enviar por correo electrónico coa sinatura manuscrita, achegando ademais copia en formato PDF do DNI/NIE do interesado, ao seguinte enderezo
IMPORTANTE: Só se tramitarán aquelas baixas remitidas dende o enderezo de correo electrónico que a persoa indicou no sobre de matrícula.
Opción 2: con certificado dixital ou DNI electrónico
- Descargar o formulario de baixa dende o enlace.
- Cubrir os datos e asinar.
- Enviar o documento asinado dixitalmente mediante o formulario que se atopa nesta mesma páxina, a continuación.
- Enviar copia do DNI mediante o formulario que se atopa nesta mesma páxina, a continuación.