Skip to main content

Programa CUALE

Que é o programa CUALE

Programa de cursos para a formación complementaria en linguas estranxeiras do alumnado como preparación para as probas de certificación dos niveis das ensinanzas especializadas de idiomas.

En que consiste?

Proporciona formación complementaria de linguas estranxeiras, tanto a alumnado como a profesorado, seguindo os niveis do Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas. Lévase a cabo dentro do propio centro, fóra do horario lectivo xeral.
Este programa está implantado en educación secundaria e en ciclos formativos. Incrementa a competencia en idiomas do alumnado e facilita que se presente á certificación na EE.OO.II. dentro das probas libres.

Grupos ofertados e horarios:

  • Francés (no curso actual non se oferta)
    • A1: Luns 14:30-15:20, Martes 16:00-17:40
    • A2: Martes 16:00-16:50, Xoves 16:00-17:40
    • B1: Martes 16:00-16:50, Xoves 16:00-17:40
  • Inglés
    • A2: Martes 16:00-16:50, Xoves 16:00-17:40
    • B1: Martes 16:00-16:50, Xoves 16:00-17:40

A quen vai dirixido?

  • Grupos A1: Alumnado 3º ESO
  • Grupos A2: Alumnado de 4º ESO e Ciclos Formativos de Grado Medio.
  • Grupos B1: Alumnado de Bacharelato e Ciclos Formativos de Grado Superior.

Máis información