Séguenos nas redes sociais: Facebook Teis

Cursos anteriores

1º ESO A no AquaPark de Cerceda

Alumnado na Aquapark

O pasado mércores 29 de Xuño o alumnado de 1ºESO A desfrutou do premio conseguido no programa "Clases sen fume"... nada máis e nada menos que un viaxe ao Aquapark de Cerceda.

O tempo respectou aos nosos alumnos e alumnas que desfrutaron dun día xenial. Tanto é así, que os profes non paraban de botar crema protectora. Nas fotos veredes o "diazo" a fixo.

A algúns deles sospeitase se non lle saíron aletas e escamas pois non saían do auga.

Deixamos cunhas fotos da actividade onde se demostra o ben que o pasaron!!

Día das Letras Galegas no IES de Teis

Alumnado na escola vendo a demostración

Durante a semana do día das Letras Galegas, fixéronse numerosas actividades no noso centro.

Este ano, o día das Letras Galegas estivo adicado a Manuel María.

Adxuntamos unha presentación feita pola profesora do departamento de Galego Pilar Alonso. Esta presentación estivo proxectándose nos medios audiovisuais do centro.

Manuel María Fernández Teixeiro, nado en Outeiro de Rei o 6 de outubro de 1929 e finado na Coruña o 8 de setembro de 2004,[1] [2] foi un poeta, narrador, dramaturgo e académico da lingua galega, destacado polo seu carácter combativo e mais polo seu compromiso político.[3] O 19 de abril de 1970 ano foi elixido membro correspondente da Real Academia Galega, mais renunciou en 1975 ao entender que a institución non estaba á altura que esixía o momento histórico.

Información extraída de: Manuel María. (3 de xuño de 2016). Galipedia, a Wikipedia en galego. Consultado o 20 de xuño de 2016 ás 17:14 en https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Manuel_Mar%C3%ADa&oldid=3946369.

Deixámosvos coa presentación...

Premios para IES de Teis polo Programa Clase Sen Fume do Plan Proxecta da Xunta

Alumnado na escola vendo a demostración

Os alumnos/as de 1º ESO do IES de Teis acudiron o Palacio de Congresos de Santiago despois de ser seleccionados como finalistas polo seu traballo, xunto con outros seis centros máis de toda a comunidade, polo Programa Clase Sen Fume do Plan Proxecta da Xunta. Durante o curso tiñan que realizar un eslogan, unha representación gráfica e unha actividade creativa.

No acto de entrega de premios o IES de Teis alzouse co premio “Accésits actividade creativa” á clase de 1ºB e co premio “Clases sen fume 2015-2016” á clase de 1ºA polo que poderán disfrutar dun día no Aquapark de Cerceda e unha semana co Programa multiaventura no Complexo as Mariñas de Bergondo. O profesor e titor Ángel Álvarez Faro tamén foi galardoado co premio Innovación Educativa. Grazas o bo traballo dos rapaces e a boa orientación do seu titor tiveron unha xornada do máis gratificante.

Deixamos unhas cantas fotos da entrega de premios polo Conselleiro de Sanidade, Jesús Váquez Almuiña, e colgamos o vídeo que realizaron os alumnos/as co seu titor. Non vos esquezades “Se queres durar, non has de fumar”

Deixámosvos coas fotos do evento

Charla e saída ao monte da Madroa

Alumnado na escola vendo a demostración

Os alumnos/as de 2º ESO do IES de Teis como xa ven sendo costume participan na actividade que organiza o Plan Comunitario de Teis e a Comunidade de Montes da Madroa. A actividade consiste nunha charla sobre o Monte da Madroa que ten lugar no IES de Teis e nunha saída o Monte da Madroa. Durante esta actividade o alumno achegase o seu entorno máis próximo para coñecer e por en valor a conservación do monte autóctono e os beneficios que este nos reporta. O longo da mañá puidemos comprobar a gran diversidade de flora e fauna que se pretende conservar para disfrutar deste espazo de lecer respectándoo.

Amosamos unhas cantas fotos feitas durante o paseo no que tomamos nota das distintas utilidades e curiosidades das plantas e fauna. E do momento de xogo o aire libre e sen perigos tan escasos nas cidades.

Deixámosvos coas fotos do evento

Distribuir contido