Séguenos nas redes sociais: Facebook Teis

Curso 2017-2018

Probas Libres para a obtención de títulos FP (LOE). Curso 2017/2018

Aquí tedes toda a información dispoñible das probas libres 2017/2018: http://www.edu.xunta.gal/centros/iesteis/probas-libres-2017-2018

Procedemento de admisión de alumnado 2018/2019 (ESO e BACHARELATO): Información ao alumnado e ás familias

Información ao alumnado e ás familias (Artigo 13 da ORDE do 12 de marzo de 2013)

  1. Normativa reguladora do procedemento de admisión

    DECRETO 254/2012, do 13 de decembro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten as ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (ver documento).

    ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (ver documento).

Ampliación da oferta educativa no IES de Teis en ciclos de familia de Informática e Comunicacións

Formación Profesional

O IES de Teis amplía a oferta educativa na familia de Informática e Comunicacións no próximo curso 2018/2019.

No ciclo superior de Desenvolvemento de Aplicacións Web ofértanse 60 prazas (30 en réxime ordinario e 30 en réxime de persoas adultas).

Visita instituto de investigación sanitaria galicia sur

Vistita ao instituto

O pasado luns 18 de xuño un grupo de alumnos de Bacharelato Científico do noso centro visitaron as instalacións do Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo.

Foron recibidos por varios investigadores que lles presentaron as súas liñas de investigación ( en enfermidades raras e posibles tratamentos, en Neurociencias e Proteómica sobre enfermedades psiquiátricas ou a enfermidade de Alzheimer) e lles amosaron a tecnoloxía que empregan e as instalacións do Instituto ( salas de cultivo, histoloxía, microscopio, ultraconxeladores e laboratorios)

Asimesmo explicáronlles as técnicas utilizadas nas investigacións ( de cultivo celular, histolóxicas, de Bioloxía Molecular e Xenética, microdisección láser)

Por último puideron coñecer o funcionamento do Biobanco e a súa importancia.

Premio Kanguro matemático

Alumnado no obradoiro de primeiros auxilios

O noso alumno de 2º de Bacharelato Sergio Fernández Serra foi premiado na XXV Edición do Concurso Kanguro Matemático celebrada o pasado 15 de marzo. Ademáis recibiu un premio á fidelidade por ter participado os últimos 6 anos.

Parabéns dende a comunidade educativa do IES de Teis e en especial do Departamento de Matemáticas.

Distribuir contido