Skip to main content

Charla e saída ao monte da Madroa

Alumnado na escola vendo a demostración

Os alumnos/as de 2º ESO do IES de Teis como xa ven sendo costume participan na actividade que organiza o Plan Comunitario de Teis e a Comunidade de Montes da Madroa. A actividade consiste nunha charla sobre o Monte da Madroa que ten lugar no IES de Teis e nunha saída o Monte da Madroa. Durante esta actividade o alumno achegase o seu entorno máis próximo para coñecer e por en valor a conservación do monte autóctono e os beneficios que este nos reporta. O longo da mañá puidemos comprobar a gran diversidade de flora e fauna que se pretende conservar para disfrutar deste espazo de lecer respectándoo.

Amosamos unhas cantas fotos feitas durante o paseo no que tomamos nota das distintas utilidades e curiosidades das plantas e fauna. E do momento de xogo o aire libre e sen perigos tan escasos nas cidades.

Deixámosvos coas fotos do evento

 

Galería de imaxes do evento

 

Ver galería externa

Esta páxina usa Lightbox2 por Lokesh Dhakar dispoñible en http://lokeshdhakar.com/projects/lightbox2/ baixo The MIT License