Skip to main content

Pagamento de taxas para a expedición de título (Bacharelato, Ciclos Medios e Superiores)

Procedemento

Se remataches os teus estudos de Bacharelato ou de Ciclo Medio ou Superior (incluída a FCT e, para o caso de ciclos superiores, o proxecto), debes realizar o pagamento de taxas para a expedición do título.

Este pago de taxas pode facerse mediante dúas modalidades:

Telemáticamente

O pago debe facerse na Oficina Virtual da Axencia Tributaria de Galicia: https://ovt.atriga.gal/ segundo estes pasos:

  • Cidadáns
  • Pago de taxas e prezos: Iniciar taxa.
  • Acceso libre ao servizo (cadeado aberto).
  • Iniciar taxa.
  • Introducir os datos da taxa segundo se indica nos documentos que se atopan ao final desta páxina.
  • Continuar.

No apartado obxecto débese poñer un texto similar a "Expedición do título de <poñer aquí o título> de <poñer aquí o nome>".

Unha vez feito o pago telemático, deberase retroceder ao apartado Cidadáns - Pago de taxas e prezos - Operacións realizadas e imprimir en PDF o modelo 730 para envialo ao correo electrónico Correo electrónico Teis, xunto coa fotocopia do DNI, coa fin de rexistrar o depósito do título e expedir a correspondente certificación.

Presencialmente

Débese solicitar o impreso na Secretaría do IES de Teis, onde se lle indicará o trámite a seguir.

Tarifas de expedición de títulos

Título Tarifa normal Familia numerosa
(categoría xeral)
Familia numerosa
(categoría especial)
Duplicado
Bacharelato 52,94€ 26,50€ 0 4,88€
Técnico (ciclo medio) 21,64€ 10,84€ 0 2,50€
Técnico superior (ciclo superior) 52,94€ 26,50€ 0 4,88€

Como cumprimentar os impresos

A continuación podes atopar os modelos para cumprimentar os impresos de pagamento:

  • Impresos para ensinanzas LOE, as impartidas actualmente.
  • Impresos para ensinanzas LOXSE, os seguintes títulos extinguidos: Ciclo Superior Desenvolvemento Aplicacións Informáticas, Ciclo Superior Administración de Sistemas Informáticos, Ciclo Medio Explotación de Sistemas Informáticos, Ciclo Superior Estética, Ciclo Medio Estética Persoal e Decorativa, Ciclo Medio Perrucaría e Ciclo Superior Asesoría de Imaxe Persoal.