Visita á zona de Brainport en Eindhoven (Holanda)
Do 5 ó 9 de Xullo de 2017 a coordinadora de Proxectos Internacionais do IES de Teis, dona Patricia González Pardo, realizou unha visita á zona de Brainport en Eindhoven para coñecer “in situ” a situación económica, académica e laboral dos Paises Baixos co obxectivo de analizar a posibilidade de ampliar o número de mobilidades no ámbito da FCT dos nosos alumnos do departamento de Informática dentro do proxecto Erasmus+ e así como establecer de proxectos conxuntos a nivel académico e traballo.
Concretamente visitou o departamento de ICT (Tecnoloxías de Información e Comunicación), que escolariza a alumnos dende os niveis 1 (FP Básica) ata o nivel 4 (Ciclos Superiores) pertenecente ao centro de FP de Eindhoven Summa College (https://www.summacollege.nl/) no que se aúnan tódalas ramas de FP da área nunha única organización e que forma a máis de 14.000 alumnos.