Séguenos nas redes sociais: Facebook Teis

Visita á zona de Brainport en Eindhoven (Holanda)

Alumnado na escola vendo a demostración

Do 5 ó 9 de Xullo de 2017 a coordinadora de Proxectos Internacionais do IES de Teis, dona Patricia González Pardo, realizou unha visita á zona de Brainport en Eindhoven para coñecer “in situ” a situación económica, académica e laboral dos Paises Baixos co obxectivo de analizar a posibilidade de ampliar o número de mobilidades no ámbito da FCT dos nosos alumnos do departamento de Informática dentro do proxecto Erasmus+ e así como establecer de proxectos conxuntos a nivel académico e traballo.

Concretamente visitou o departamento de ICT (Tecnoloxías de Información e Comunicación), que escolariza a alumnos dende os niveis 1 (FP Básica) ata o nivel 4 (Ciclos Superiores) pertenecente ao centro de FP de Eindhoven Summa College (https://www.summacollege.nl/) no que se aúnan tódalas ramas de FP da área nunha única organización e que forma a máis de 14.000 alumnos.

O responsable do departamento, Mr. Ruud Claessens e o responsable de proxectos internacionais de Summa College, Mr. Tinus Van de Pas, amosáronlle as instalacións e poido coñecer a parte do equipo docente. Posteriormente se realizou unha mesa redonda onde se explicou a problemática dos diferentes niveis/ciclos e se intercambiaron experiencias. Na visita ás instalacións do Summa College tamén participou unha delegación chinesa.

Na visita tamén foi recibida pola directora de Brainport Development, N.V (http://www.brainport.nl/en/), Yvonne van Hest. Esta unha rexión tecnolóxica líder en Europa, considerada mundialmente como un centro de innovación e alta tecnoloxía.

En dita reunión a coordinadora do IES de TEIS tivo a oportunidade de darlle a coñecer a nosa institución e mostrar a disposición de ampliar a nosa colaboración no futuro como resultado positivo da primeira experiencia cos alumnos de DAM.

Ms. Yvonne van Hest e os seus colaboradores manifestaron o seu interese en realizar unha visita a Galicia, probablemente en Novembro para coñecer de primeira man o IES de Teis.

Finalmente visitáronse empresas do ámbito tecnolóxico ICT (https://ict.eu/nl/), Shapeways (https://www.shapeways.com/) e Any-IT (https://www.any-it.nl/) no que tivo a oportunidade de coñecer o perfil profesional demandado por estas. Aproveitouse a visita á esta última para falar co responsable Mr. Pedar van Bragt dos dous alumnos, Miguel e Saúl, que nese momento estaban a realizar a súas prácticas na modalidade de recén titulados e proceder a sinatura dos convenios.

Deixámosvos cunhas fotos...

 

Galería de imaxes do evento

 

Ver galería externa

Esta páxina usa Lightbox2 por Lokesh Dhakar dispoñible en http://lokeshdhakar.com/projects/lightbox2/ baixo The MIT License