Skip to main content

Pagamento de taxas para a expedición de título FP-1 e FP-2 (extinguidos)

Se queres solicitar a expedición do título de FP-1 ou FP-2 (xa extinguidos) debes pagar as taxas correspondentes, o que pode levarse a cabo mediante dúas modalidades: presencial ou telemática.

En ambos casos debe accederse á seguinte ligazón: https://sede.administracionespublicas.gob.es/pagina/index/directorio/tasa059 escollendo a opción adecuada.

Unha vez escollida a provincia, cumprimentarase todo o formulario escollendo a titulación que corresponda (FP-1 ou FP-2) como se amosa nesta imaxe:

Pago taxa 059

 

Unha vez realizado o pago, deberase imprimir en PDF o resgardo e envialo ao correo electrónico Correo electrónico Teis, xunto coa fotocopia do DNI, coa fin de rexistrar o depósito do título e expedir a correspondente certificación; ou ben achegar a mesma documentación de forma presencial á secretaría do instituto.