Séguenos nas redes sociais: Facebook Teis

Erasmus+

Erasmus+: Convocatoria Setembro-Decembro 2018

Aberto o prazo de inscrición para a realización de mobilidades no estranxeiro no trimestre Setembro-Decembro para alumnos de réxime modular en Grado Medio e Superior.

Bases convocatoria para Ciclos Superior

Bases convocatoria para Ciclos Medios

A solicitude pode descargarse eiquí e entregarse o titor ou ben a profesora María Rodríguez Novoa ou a calquera membro de Departamento de Proxectos Internacionais.

Martín López Pérez, alumno de FP Básica no Faro de Vigo

Na edición do luns 11 de febriro de 2018 do Faro de Vigo publicouse unha entrevista ao alumno do noso instituto Martín López Pérez.

Este é o artigo.

Visita dos representantes da Universidade de Payap en Chiang Mai, Tailandia

Visita dos representantes da Universidade de Payap en Chiang Mai, Tailandia, ao noso centro

O pasado venres 9 de Marzo de 2018, o IES de Teis recibiu a visita dos representantes da Universidade de Payap en Chiang Mai, Tailandia, como continuación dunha visita previa realizada polo profesorado do IES dentro do programa Erasmus+. O obxectivo desta visita era coñecer o noso centro coa posibilidade de establecer unha colaboración mutúa entre ambos centros.

Entre os membros da Universidade de Paya, asistiu:

  • Kai Wutthichula Khunpatwattana, director da Facultade e da oficina de Mobilidade de estudantes.
  • Nawakarn Sirarujanon, Asistente del vicepresidente para asuntos académicos e de investigación.

Achegamos unha escolla de fotos de diferentes momentos da visita, na que participaron profesorado do IES, así como o Amador Ordóñez, coordinador de proxectos internacionais do IES Ribeira do Louro en Porriño e promotor do Consorcio.

Distribuir contido