Teatro en francés
Enviado por admin o Lun, 22/01/2024 - 20:40
O alumnado de francés de 3º e 4º ESO asistiron o pasado venres 19 de xaneiro a representación teatral Emilie arrive à Paris en Cine Teatro Salesianos de Vigo. É unha adaptación dunha serie estadounidense: unha moza española ten que trasladarse a París por traballo. Ao final da obra, os espectadores puideron charlar cos actores: saber como preparaban as escenas, como facían para memorizar os textos...