Skip to main content

Recoñecemento polo Premio Nacional de FP na familia de Imaxe persoal acadado por unha ex-alumna do IES de Teis.

Rosa María Portas Tato recibindo o premio

No día de onte, 2 de febreiro de 2022, Rosa María Portas Tato, que cursou o Ciclo Formativo Superior de Asesoría de Imaxe Persoal e Corporativa, acompañada polo director do IES de Teis, foi recibida polo conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez e polo Secretario Xeral de Educación e Formación Profesional, con motivo de acadar o Premio Nacional de FP na familia de Imaxe persoal.

O Conselleiro aproveitou para transmitirlle a Rosa María Portas Tato felicitacións en nome da Xunta e de Galicia.

O director do centro, recibiu por parte do Conselleiro os parabéns polo traballo conxunto de toda a comunicade educativa do IES de Teis, que fai posible que, ademais de recibir no seu día o premio extraordinario de formación profesional de grao superior, Rosa María teña este recoñecemento a nivel nacional.

Parabéns Rosa!

Vínculos: