Creación dunha aplicación para xestión de citas nos ciclos de Imaxe Persoal
Enviado por admin o Dom, 26/03/2023 - 21:41
A semana pasada realizamos a presentación dun proxecto que constitúe un paso adiante na aprendizaxe baseada en proxectos e a colaboración entre departamentos. O equipo docente de 2º DAW da quenda de ordinario, que xa en cursos anteriores puxera en práctica un proxecto interdisciplinar que combina o aprendido en todos os módulos, procurou clientes reais dentro do noso intituto para que o alumnado desenvolvese aplicacións reais para o centro.
Un deses proxectos realizouse en colaboración co departamento de Imaxe Persoal, concretamente co grupo de 2º do Ciclo Medio de Peiteado e Cosmética Capilar e a súa titora