Skip to main content

Eleccións consello escolar 2024

Segundo RESOLUCIÓN do 10 de setembro de 2024, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para a realización de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos.

Para tal efecto, constituirase a xunta electoral integrada polo;

  • director do centro,
  • un membro do profesorado,
  • un pai ou unha nai,
  • unha persoa representante do persoal de administración e servizos e
  • un membro do alumnado.

As catro últimas persoas serán designadas por sorteo público, que será realizado o vindeiro venres, día 18  de outubro de 2024 ás 11:30 no despacho do director do IES de Teis

Normativa reguladora dos consellos escolares e circulares aclaratorias