Skip to main content

Visita profesorado Xeorxia

<br />
Visita profesorado Xeorxia

Dentro do proxecto de mobilidade internacional KA171 do consorcio liderado polo IES de Teis, 8 membros da TSU (Tbilisi Sate University) de Xeorxia realizaron unha visita a nosa cidade durante a semana do 6 ao 10 de maio.

Nesta visita tiveron a oportunidade de coñecer as actividades académicas que se levan a cabo tanto na nosa institución coma na Universidade de Vigo. Así mesmo, os profesores Archil Elizbarashvili e Alexandre Gamkrelidze impartiron unhas charlas sobre Administración dos SO Linux e sobre conceptos básicos de Intelixencia Artificial, respectivamente, as cales tiveron unha gran acollida polo alumnado e o profesorado presente.

Por outra banda, aproveitando a súa estancia realizaron diferentes actividades e visitas culturais en Vigo e na súa contorna quedando gratamente sorprendidos pola beleza e cultura da nosa terra. Esperamos que esta visita poida ser o xerme de futuras colaboracións, tal como está sendo neste días coa a presencia de alumnado xeorxiano as actividades académicas levadas a cabo nas nosas aulas.

 

Visita profesorado Xeorxia