Skip to main content

Visita de profesorado da Royal University of Bután

<br />
Visita do profesorado de Sherubtse College de Bután

A semana do 15 de abril, dentro do noso proxecto Erasmus+ KA171 recibimos a visita de profesorado da Royal University of Bután, concretamente do Sherubtse College (Trashigang, Bután). O profesorado das ramas de Informática, Comercio e Comunicación tivo a ocasión de visitar as instalación do noso centro e interactuar co alumnado dos ciclos de informática para compartir con eles información sobre Bután, a súa cultura e educación.

O profesorado tivo tamén a ocasión de visitar outros centros educativos da contorna participantes no proxecto Erasmus+ así como de afondar no coñecemento do noso sistema educativo e da cultura galega.

Esta visita supuxo unha continuación da mobilidade levada a cabo polo noso profesorado en semanas anteriores e esperamos que sirva para estreitar lazos con esta institución para futuras colaboracións.

 

Visita do profesorado de Sherubtse College de Bután Visita do profesorado de Sherubtse College de Bután Visita do profesorado de Sherubtse College de Bután