Agraria

Departamento de Actividades Agrarias

Os alumnos de FP Básica participan no Galicia Skills

 

  

  

 

                                               

Os alumnos de FP Básica do  IES San Rosendo de Mondoñedo participan, facendo unha demostración da súa especialidade de florería, no Galicia Skills, un certame que se desenvolve entre o 30 de novembro e o 1 e 2 de decembro no recinto da Feira Internacional de Galicia Abanca de Silleda unha centea de estudantes de Formación Profesional de corenta centros de Galicia medirán as súas habilidades e coñecementos.

Para ver a entrega de premios: https://youtu.be/hqVN1_PdTm0

 

A nova na Voz de Galicia

A nova no Faro de Vigo

 

Título profesional básico en Agroxardinaría e composicións florais

    

 

Título profesional básico en

Agroxardinaría e composicións florais 

Que se aprende a facer?

Elaborar composicións con flores e plantas e realizar operacións auxiliares en cultivos, en produción de planta en invernadoiros ou en centros de xardinaría, colaborando na preparación do terreo e na implantación e o mantemento de xardíns, parques e zonas verdes, operando coa calidade indicada, cumprindo as normas de prevención de riscos laborais e protección ambiental correspondentes, e comunicándose oralmente e por escrito en linguas galega e castelá, así como nalgunha lingua estranxeira.

 

En que ámbitos se traballa?
Traballos auxiliares na elaboración de composicións con flores e plantas en empresas dedicadas á ornamentación floral e/ou decoración de espazos e eventos. Tamén desenvolven a súa actividade profesional na área de produción e/ou na área de ambiente en grandes, medianas e pequenas empresas, tanto públicas como privadas, dedicadas ao cultivo agrícola, á produción de plantas e á instalación e o mantemento de xardíns e zonas verdes.

Están, ademais, capacitadas para realizar tratamentos praguicidas de nivel básico, segundo a actividade regulada pola normativa correspondente.

 Que ocupacións desempeñan?

Peón agrícola; peón agropecuario; peón en horticultura; peón en fruticultura; peón en cultivos herbáceos; peón en cultivos de flor cortada; peón de xardinaría; peón de viveiro; peón de centros de xardinaría; peón de campos deportivos; peón de floraría; auxiliar de floraría; auxiliar de almacén de flores.

 Cales son os módulos deste ciclo?

Módulos Horas
Ciencias aplicadas I 175
Comunicación e sociedade I 206
Operacións auxiliares de preparación do terreo, plantación e sementeira de cultivos 117
Operacións básicas de produción e mantemento de plantas en viveiros e centros de xardinaría 175
Operacións básicas en instalación de xardíns, parques e zonas verdes 117
Operacións básicas para o mantemento de xardíns, parques e zonas verdes 120
Actividades de rego, abonado e tratamentos en cultivos 157
Ciencias aplicadas II 162
Comunicación e sociedade II 135
Formación en centros de traballo 320
Materiais de floraría 119
Operacións auxiliares na elaboración de composicións con flores e plantas 135

 

Nota: Os módulos en negra están asociados a algunha unidade de competencia.

Que título se obtén?
Título profesional básico en Agroxardinaría e composicións florais.

 

A que outros estudos se pode acceder?
Éste título permite o acceso a calquera ciclo formativo de grao medio e dá preferencia para a admisión, no caso de haber máis solicitudes que prazas, aos títulos de grao medio das familias profesionais de:

  • Agraria
  • Industrias alimentarias
  • Seguridade e medio ambiente

Currículo:  Agroxardinaría e composicións florais            

 

Máis información en:         

    http://www.edu.xunta.es/fp/fpbasica

 

 

 

 

http://www.todofp.es/todofp/que-como-y-donde-estudiar/que-estudiar/nuevos-titulos/fp-basica.html

 

A raiña Letizia inaugurou o curso escolar de Formación Profesional no IES San Rosendo de Mondoñedo

 

A raiña Letizia inaugurou de forma oficial o curso de Formación Profesional no  IES de San Rosendo de Mondoñedo acompañada polo ministro de Educación, o presidente da Xunta e o conselleiro de Educación.

A raiña contemplou como traballaban os alumnos de FP e despois, tras o protocolario acto inaugural, visitou unha exposición de proxectos innovadores de FP que desenvolven dez centros de Galicia interesándose polos detalles de todos eles. 

 

Video procedente de La Voz de Galicia

 

 

 

A raiña Letizia presidirá no IES San Rosendo o acto oficial de apertura do curso estatal de Formación Profesional (FP) 2016-2017.

A raiña Letizia presidirá en Mondoñedo o acto oficial de apertura do curso estatal de Formación Profesional (FP) 2016-2017. O acto de apertura do curso de Formación Profesional celebrarase no Instituto de Ensinanza Secundaria (IES) San Rosendo, a partir das 11:30 horas.

Además da Raiña, está prevista a participación no acto protocolario do ministro de Educación, Iñigo Méndez de Vigo; do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo; e do conselleiro de Educación, Román Rodríguez.

O departamento de Agraria recibiu un premio ao proxecto de innovación desenvolvido durante o curso escolar 2012-2013

    A dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa mediante resolución de 31 de decembro de 2013 pola que se resolven os premios a proxectos de innovación tecnolóxica desenvolvidos durante o curso escolar 2012-2013 en centros públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, onde se impartan ensinanzas de Formación Profesional, , decidiu premiar, dentro do ambito D (Forestal e madeira), ao Proxecto Mondoñedo elaborado polo Departamento de Agraria do IES Plurilingüe San Rosendo de Mondoñedo.

 

Resolución da convocatoria de Premios a Proxectos de Innovación

 

 

Distribuir contido