Agraria

Departamento de Actividades Agrarias

XORNADA DE ACOLLEMENTO PARA AS PERSOAS MATRICULADAS NAS PROBAS LIBRES PARA A OBTENCIÓN DE TÍTULOS DE FP (LOE)


A xornada de acollemento terá lugar o martes, 7 de xuño ás 11:00 horas nas instalacións de A Granxa.

Aviso importante: 

De acordo coa disposición adicional segunda da ORDE do 5 de abril de 2013 pola que se regulan as probas para a obtención dos títulos de técnico e de técnico superior de ciclos formativos de formación profesional: "cando unha persoa matriculada non asista inxustificadamente á xornada de acollemento, os centros realizarán a baixa de oficio da matrícula da proba."

Os alumnos do IES San Rosendo medalla de prata na competición de Agroxardinería nas FPBásicaSkills Galicia 2022

Os alumnos da FP Básica do IES San Rosendo Amaro Pérez Crespo e Iván García Pérez, conseguiron a medalla de prata na competición de Agroxardinería nas FPBásicaSkills Galicia 2022.

http://www.edu.xunta.gal/fp/fpbasicaskills-alumnado-ganador-2022

Distribuir contido