A alumna do IES San Rosendo, Cristina Ares Rivas, gaña a medalla de ouro nas Skills de Florería no campionato galego da FP Galicia Skills 2018

 

 

Cristina Ares Rivas, de Abadín e alumna do IES Plurilingüe San Rosendo de Mondoñedo, levou a medalla de ouro na competición de floraría. A súa titora foi Ángeles Camino Saco.

Ao recibir a medalla de ouro competirá, representando a Galicia, nos premios a nivel estatal, Spain Skills 2019.

 

http://www.cronica3.com/2018/11/a-alumna-do-ies-san-rosendo-de-mondonedo-cristina-ares-rivas-participa-nas-galicia-skills/

http://xornaldamariña.gal/sociedade/9272-os-marinaos-francisco-lomban-e-cristina-ares-ouro-no-campionato-galego-da-fp-2/

 

María Gonzalez Carvajal, alumna do Ciclo Superior de Xestión Forestal e do Medio Natural, recolleu este venres 24 de maio un dos premios extraordinarios de formación profesional de grao superior.

 

A alumna María Gonzalez Carvajal, do Ciclo Superior de Xestión Forestal e do Medio Natural, recolleu o pasado día 24 de maio un dos premios extraordinarios de formación profesional de grao superior .

 

 

María González Carvajal coa profesora Sara Buide

A profesora Sara Buide con María González Carvajal na entrega dos premios

A raiña Letizia inaugurou o curso escolar de Formación Profesional no IES San Rosendo de Mondoñedo

 

A raiña Letizia inaugurou de forma oficial o curso de Formación Profesional no  IES de San Rosendo de Mondoñedo acompañada polo ministro de Educación, o presidente da Xunta e o conselleiro de Educación.

A raiña contemplou como traballaban os alumnos de FP e despois, tras o protocolario acto inaugural, visitou unha exposición de proxectos innovadores de FP que desenvolven dez centros de Galicia interesándose polos detalles de todos eles. 

 

Video procedente de La Voz de Galicia

 

 

 

Iria Bermúdez Barreira, de 2º de ESO, premiada no concurso Atrévete a ter unha idea

A alumna de 2º de ESO Iria Bermúdez Barreira foi premiada no concurso Atrévete a ter unha idea, un certame enmarcado no Plan de Emprendemento no Sistema Educativo de Galicia, eduemprende.

Instrucións ás familias sobre a aplicación abalarMóvil

 espazoAbalar - Inicio

 

O proxecto do IES San Rosendo "O da la miúda", sobre o lobo ibérico gaña un premio a nivel europeo

 

Na XXXI edición dos Premios EUCYS (European Union Contest of Young Scientists) para os mellores proxectos científicos en todas as áreas do coñecemento levados a cabo por xóvenes preuniversitarios, celebrado en Sofia (Bulgaria), o proxecto "O da la miúda: distribución, etología y fenología del lobo ibérico", do alumnado do IES San Rosendo de Mondoñedo (Lugo) representado por María Bouso Posada, Xiana Rego Fernández e Ana Rubal Sánchez,  e titorizado polo profesor Óscar Chao Penabad, foi recoñecido con un Premio especial do Joint Research Centre, o servizo interno de ciencia da Comisión Europea.

Distribuir contido