Música
Visita a Coruña: Concerto e Exposición
No día de onte, martes 21 de xaneiro, o alumnado de 2º ESO fixo unha viaxe cultural á Coruña. En primeiro lugar presenciaron unha “batalla” de galos (rap) no Pazo da Ópera, onde a parte de seren espectadores tamén participaron como xurado, escollendo ó mellor vesificador.
Logo dunha parada para repoñer forzas demos un paseo polo entorno da Torre de Hércules. Finalmente asistiron a una exposición, charla e taller baixo o tema “o noso planeta”. E finalmente, algo cansos pero contentos, volvemos para Monforte. A visita resultou un éxito.
Santa Cecilia 2019
O 22 de Novembro é o Día Internacional do músico, data que recorda a Santa Cecilia, a súa patroa ademais de mártir do cristianismo. Nesta data réndeselle homenaxe aos máis grandes xenios da música e a quen dedican a súa vida a esta arte. O alumnado músico do IES Río Cabe tamén quixo manifestarse interpretando distintas pezas musicais na cafetería do centro:
Ariadna Valdés Fernández de 3º ESO interpreta In your head de The Cranberries, acompañada da súa guitarra
Laura Díaz López e Sara Díaz Martínez de 3º ESO interpretan, acompañadas do ukelele, La llorona de Chavela Vergas
Alicia Martínez Lauda e Alberto Gómez Ovejero de 4º Eso, con Iria Dacal Rodríguez de 3º ESO, interpretan Riptide de Vance Joy, acompañados do ukelele
Andrea Ferreiros Sánchez y Uxía Castro de la Fuente de 1º Bac, interpretan co violín a Banda Sonora Orixinal de La Lista de Schindler de John Williams
Sara González Lestón de 2º Bac, acompañada do seu ukelele, interpreta I'm yours de Jason Mraz
Agradecemos a todos a súa participación e desexámoslles que sigan gozando desta arte. Facendo click na seguinte imaxe accédese a unha galería fotográfica desta actividade:
Concerto TODO É PERCUSIÓN
Os alumnos de 2º ESO acudiron, na mañá do pasado venres 15, ao salón de actos do edificio Multiusos de Monforte para disfrutar do concerto didáctico TODO É PERCUSIÓN.
O concerto foi interpretado por DÚAS, Marta Figueiredo y Sabela Caridad, ambas percusionistas, e dúas bailarinas de ballet contemporáneo, Estefanía Gómez e Alba Fernández, que conforman o dúo ERIXE.
Os alumnos, acompañados de dúas das súas profesoras, puideron disfrutar dunha demostración de Arte Total, a través da fusión das distintas artes: música, danza e teatro.
Celebración do San Martiño
San Martiño de mañá ….
O pasado día 11 de Novembro foi unha xornada festiva no Cabe. Toda a comunidade educativa se reuniu para a celebración do San Martiño, e profesores, alumnos e persoal non docente compartimos música, cancións tradicionáis e productos típicos da temporada: bolos preñados, bica e chocolate quentiño para combatir o frío que xa se deixa notar.
Eva Dios, xefa do departamento de música, encargouse das distintas actuacións de alumnado tanto de Eso como de Bac.
Vídeo coas actuacións musicais:
E de tarde...
Festival musical
O venres 7 celebrouse no Salón de actos o tradicional festival musical de fin de curso, organizado pola profesora de música Eva Dios, no que participaron 2º, 3º, 4º ESO e 1º BAC. Foros 2 horas de música en directo nas que tamén tocou o grupo "Os caralludos do Cabe", formado por varios profesores e alumnos.
Grazas a todos pola vosa participación.
Concerto didáctico na Coruña: "Palabras con corazón"
O alumnado de 3ºESO disfrutou dunha xornada soleada na cidade da Coruña.
Pola mañá asistiron a un concerto didáctico no Palacio da Ópera, titulado "Palabras con corazón". Despois do xantar participaron nunha visita guiada ó Museo de Belas Artes. A guía explicoulles contextualizando historicamente unha obra relevante de cada período.
Todos viñeron encantados deste día de arte e música... organizado polo Dpto de Música.
Curso dentro del Proyecto Erasmus+ y blog para seguirlo...
Temi
Obradoiro do Trío Caspervek
Hoxe, xoves, tivemos a sorte de contar no noso centro a Caspervek Trío, referente europeo do cine e concertos, que pon música en directo ós clásicos do cine mudo. O estilo deste trío caracterízase polo respecto ás películas que musicalizan e o seu obxectivo sempre foi acercar ó público ó patrimonio cinematográfico.
Na sesión obradoiro cos rapaces de 2ºESO, o Trío Caspervek fixo un pequeño acercamento ó cine mudo e, durante case unha hora, conseguiron que o alumnado entrase de cheo nas propostas posto que os rapaces se deron voluntarios para interactuar cos músicos, interpretar con sons as imaxes que ían aparecendo (de fragamentos de películas) e mesmo actuando como protagonistas activos do que se ía propoñendo. Unha proposta visual e sonora que nos fixo interactuar e acercarnos á maxia do cine mudo.
A actividade foi organizada polo Dpto de Música.
Celebración de Santa Cecilia. Patroa da música
O día 22 de novembro celébrase Sta Cecilia, patroa da música. No noso centro é habitual dende hai anos que a profesora Eva Dios organice para ese día algunha actividade relacionada coa súa materia. Varios alumnos nos deleitaron no recreo coa súa arte musical. Podedes velo neste vídeo.