Ciencias Naturais

XIV Edición da Olimpíada española de Bioloxía. Fase galega

XIV Edición da Olimpíada Española de Bioloxía-Fase Galega

Catro  alumnas de 2º de Bacharelato participaron, o venres 18 de xaneiro, nunha nova Olimpíada de Bioloxía, celebrada este ano na Facultade de Ciencias da Coruña, na que os mellores estudantes de Bioloxía de toda Galicia (un total de 80),  competiron por demostrar os seus coñecementos nesta materia.

O certame consistiu, un ano máis, na resolución duha proba teórica tipo test e unha proba práctica, ámbalas dúas probas de hora e media de duración cun pequeño desancanso-apretivo entre elas para repoñer forzas.

Ao longo da mañá, os profesores acompañantes participamos nunha serie de actividades formativas conformadas por ponencias de docentes da Universidade da Coruña, en concreto por Esther Rodríguez Belmonte (Grupo de investigación Regulación de la expresión génica y sus aplicaciones) e Federico Pomar Barbeito (Grupo de investigación de biología evolutiva).

Pola tarde e despois de xantar, asistimos todos, alumnos e docentes a unha conferencia sobre “Fauna próxima”,  rematando o día co acto de clausura e entrega de diplomas polas autoridades presentes.

As nosas alumnas tiveron a oportunidade de compartir un día único con estudantes de toda Galicia cun interés común pola ciencia e concretamente pola Bioloxía, ademáis de ter a sorte de realizar a proba práctica nos laboratorios da Universidade, algo que non está o alcance de todos. Así que, aínda que non conseguísemos ningún dos tres pases para representar a nosa comunidade na Fase Nacional, que este ano terá lugar en Palma de Mallorca, foi un día que quedará na nosa retina durante moito tempo.

 María Padrón

Visita ó Centro de interpretación de As Burgas e á Exposición "O Ártico rompe"

O departamento de Bioloxía organizou para o día 28 de novembro unha actividade na que os alumnos de 1ºESO viaxaron á cidade de Ourense para visitar o Centro de interpretación de As Burgas, onde puideron contemplar nas diferentes salas a historia das augas termais en Ourense. Remataron paseando polo Bulevar peatonal das Burgas e tiveron un contacto directo coa auga dos mananciais.

A continuación, desprazáronse andando polo centro histórico ata chegar ó Xardín do Posío, onde visitaron na Obra Social La Caixa  a Exposición  "O Ártico rompe".

Foi un percorrido polo Ártico, localización, clima, habitantes, recursos, estado actual e futuro incerto si non modificamos os nosos hábitos. 

A exposición permite, dun modo ameno e sensorial, introducir ó alumnado no ecosistema do Ártico, gravemente ameazado na actualidade.

Alumnado de 1º de ESO nunha granxa de corais

A actividade consistiu na visita á granxa de corais reefwater, unha granxa na que cultivan corais tropicais para acuariofilia. Situada en Viveiro é  única en España. Con esta actividade o alumnado de 1º de ESO tivo a oportunidade de coñecer os corais que forman un dos escosistemas acuáticos máis espectaculares e ameazados dos ecosistemas mariños.

Traballos realizados polo alumnado de Bioloxía de 1º BAC

A continuación se poden visionar os traballos realizados polo alumnado de 1º BAC no curso 2017/2018:

 

 

 

 

Alumnado do IES Río Cabe na Olimpíada de Bioloxía

O venres 12 de xaneiro 4 alumnos/as de 2º de bacharelato asistiron á XIII Olimpíada de Bioloxía  na súa Fase Autonómica Galega celebrada este ano na Facultade de Bioloxía da Universidade de Vigo. Os nosos representantes na antedita Olimpíada foron: Andrea López da Costa, Jose Manuel López González, Antonio López Sampayo e Iria Rodríguez Vázquez.

Participaron un total de 105 estudantes de 31 centros de secundaria da comunidade autónoma galega. O alumnado enfrentouse a diferentes probas de nivel, tanto teóricas como prácticas. A competición foi organizada pola Asociación da Olimpíada Española de Biología (OEB), e o Colexio Oficial de Biólogos de Galicia (COBGA) en colaboración coas tres universidades galegas, tendo como obxectivo fomentar os estudos relacionados coa Bioloxía e promover o interese pola investigación científica entre os participantes.

Pola mañá o alumnado someteuse a unha proba teórica tipo test sobre os contidos de Bioloxía da ESO, 1º e 2º de Bacharelato, e por primeira vez na fase galega, realizaron varias prácticasde laboratorio, o que lles permitiu coñecer as instalacións da Facultade. Xa pola tarde asistiron a unha conferencia sobre “Colonización e dispersión de poboacións periféricas: o caso das aves mariñas en Galicia” a cargo do profesor doutor  Alberto Velando da Universidade de Vigo. Como remate da xornada tivo lugar a entrega de diplomas a todos os participantes e aos tres finalistas que acudirán á Fase Nacional, aos que dende aquí lle damos os nosos parabéns. O profesorado acompañante tamén tivo a oportunidade de asistir a varias charlas de actualización científica por parte de prestixiosos investigadores de dita Universidade

En palabras do alumnado participante do noso centro, a Olimpíada foi “unha experiencia única” e “inesquecíbel” que lles permitiu “coñecer a moitos estudantes de todas as partes de Galicia” cos que probablemente coincidirán o vindeiro curso, xa como universitarios. E máis alá do resultado final “séntense gañadores por participar” e “animados a seguir perseguindo os seus obxectivos profesionais”.

Álbum: Extraescolares -> Olimpíada de Bioloxía 2018

Excursión A Coruña do alumnado de 3º ESO

O día 8 de febrero os alumnos de 3º de ESO viaxaron ata a Coruña onde visitaron A Casa dos Peixes (Aquarium Finisterrae), o Domus e a Casa das Ciencias. Esta actividade organizada polo Departamento de Bioloxía e Xeoloxía serviulle ós nosos alumnos para achegarse á Ciencia dun xeito lúdico.

Facendo click na seguinte imaxe accédese a unha pequena galería de imaxes da excursión:

Excursión a "Galiciencia"

O mércores 18 de novembro o alumnado de 2º ESO asistiu no Parque Tecnolóxico de Galicia a Galiciencia, unhas xornadas sobre ciencia e tecnoloxía que se celebran anualmente durante a semana da ciencia.

A organización correspondeu ao Departamento de Bioloxía e Xeoloxía, acompañando aos alumnos Eduardo López, Eva Mª López e Rocío López.

Facendo click na imaxe accedese a unha pequena galería de fotos da excursión:

 

Visita ao parque eólico de Sotavento

O día 13 de marzo de 2012, alumnos de 2º da ESO do centro, acompañados polos profesores de ciencias naturais, Lucía e Jose Luís, realizaron unha visita ao Parque Eólico de Sotavento. Para ver as fotos da viaxe pica na seguinte imaxe:

 


A enerxía e a problemática enerxética

No seguinte enlace podes descargar o arquivo en formato rar para a asignatura de Ciencias para o mundo contemporáneo. A enerxía e a problemática enerxética.


Ciencias para o mundo contemporaneo. Traballos para a 2ª avaliación

Nos seguintes enlaces están dispoñibles os documentos necesarios para a realización das actividades correspondentes á segunda avaliación:


Distribuir contido