Curso 2016/17

Curso 2016/17

Visita do alumnado do CS de Turismo á Escola de Hostalería de Rosende

O luns, 30 de xaneiro, o grupo do Ciclo de Turismo desplazouse á Escola de Hostalería Belarmino Fernández Iglesias para degustar o xantar elaborado polo alumnado de dito Centro e, posteriormente, asistir á charla impartida polos docentes da Escola sobre protocolo da mesa.

O protocolo e a organización de actos sociais, tipos de mesas e protocolo a seguir segundo o tipo de acto, prácticas de montaxes de mesas e o seu axeitado servizo foron algún dos temas tratados nesta interesante xornada.

Excursión A Coruña do alumnado de 3º ESO

O día 8 de febrero os alumnos de 3º de ESO viaxaron ata a Coruña onde visitaron A Casa dos Peixes (Aquarium Finisterrae), o Domus e a Casa das Ciencias. Esta actividade organizada polo Departamento de Bioloxía e Xeoloxía serviulle ós nosos alumnos para achegarse á Ciencia dun xeito lúdico.

Facendo click na seguinte imaxe accédese a unha pequena galería de imaxes da excursión:

Baile a cegas o "día dos namorados"

Nas semanas previas ao día dos namorados, 14 de febreiro, o alumnado e profesorado do IES Río Cabe fumos anotándonos na Aula de Música para participar na I Edición do Baile a Cegas.

No momento de apuntarnos colliamos un obxecto que soamente tería igual a nosa parella de baile e mentres tanto preguntabamonos quen sería a mesma.

Todos os participantes fumos á entrada do centro ás 11:15 horas do día 14 de febreiro, Día dos Namorados, levando connosco o obxecto e alí buscamos á nosa parella de baile para danzar ao ritmo da música seleccionada pola profesora Eva Dios.

Facendo click na seguinte imaxe accédese a unha pequena galería de fotos da actividade:

Conferencia de Iván Merayo

O  mércores 16 de febreiro o arqueólogo monfortino Iván Merayo ofreceu unha charla sobre a mineria romana nas zonas dos ríos Sil e Lor ao alumnado de Latín e Xeografía do IES Río Cabe, onde explicou os sistemas de explotacións mineiras romanos e o os procedementos e ferramentas da investigación arqueóloxica. A exposición teórica foi acompañada de material audiovisual e serviu de prólogo á excursión que farán proximamente a distintos xacementos de orixe romana en Margaride, Montefurado e Quiroga.

Musical "Peter Pan"

O alumnado de 2º ESO o Venres 10 de febreiro desprazouse a Lugo para ver o musical Peter Pan. Un clásico de Disney contado a través da música e o baile cunha gran escenografía.

 

O día da Candelaria (La Chandeleur)

O 2 de febreiro, é a Candelaria ou "La Chandeleur" en Francia. A festa das candeas celébrase en Francia cociñando crêpes e disfrutándoas coa familia e os amigos, tamén nos colexios e institutos.

O alumnado de 4º de ESO propuxeronnos que coñezamos un pouco mellor esta tradición francesa e nos sumamos a mesma comendo crêpes no tempo de lecer do xoves 2 de febreiro na entrada do centro:

Alumnado de 4º de ESO na "Casa de Bernarda Alba"

O venres 27 de xaneiro, o alumnado de 4º ESO asistiu ao Teatro Principal de Ourense á representación teatral da Casa de Bernarda Alba, realizada polo grupo Eina da Escola, o pasaron xenial e a obra tivo unha gran acollida:

Semana Branca 2017

Sábado 28/01/2017: Xa están todos e todas de volta en Monforte de Lemos e esta é a foto da despedida da Semana Branca en Andorra do IES Río Cabe 2017:

Xoves 26/01/2017: Día de esquí completo e estupendo, aínda que a última hora da tarde comezou a nevar abundantemente. Tamén aproveitaron para celebrar o cumpreanos de Ismael.

Mércores 25/01/2017: Hoxe día perfecto de esquí, pola mañá, cun sol impresionante e nevando pola tarde. Ningún lesionado e todo o alumnado esquiando sen contratempos. Ademáis algúns e algunhas tiveron ocasión de patinar sobre xeo, como podedes ver nas seguintes imaxes do día de hoxe:

Martes 24/01/2017: Hoxe segundo contacto coas pistas e bo día de neve. Todo o alumnado esquiando dentro do previsto nun gran día de sol:

Alumn@s de 3º de ESO e 1º BAC iniciaron a noite do sábado ao domingo 22 de xaneiro de 2016 a “Semana Branca en Andorra”.

A excursión está organizada polo Departamento de Educación Física. Os profesores acompañantes son Carlos Parada e Carlos Bacelo, profesores de Educación Física, xunto coa profesora de Lingua Castelá e Literatura, Paula Martínez.

A chegada a Andorra produciuse sen ningún contratempo e xa están instalados no Hotel Cosmos.

O luns estrearon as pistas de Soldeu el Tarter co seu primeiro día de esquí, a pesares das pequenas gotas de neve que estiveron caendo durante a maior parte do día. A continuación podedes observas dúas instantáneas do grupo na estación de esquí:

 

A volta está prevista para o vindeiro sábado 28 de xaneiro. Seguiremos informando desde esta páxina web do centro a medida que os profesores acompañantes manden máis información nos vindeiros días.

O alumnado do CS de Turismo no IV Congreso de Cultura Dixital e Redes Sociais

O venres, 16 de decembro, o alumnado do ciclo de Guía, información e asistencia turísticas viaxou  a Lugo para asistir ao IV Congreso de Cultura Digital y Redes Sociales #INLUGO16 organizado pola  Deputación.

O evento consistía en varias presentacións e paneis de debate sobre os cambios de hábitos, actitudes, formas de comunicación e estilos de vida que produce a Rede en diferentes sectores da nosa sociedade, con especial atención aos sectores estratéxicos da provincia de Lugo.

A seguinte instantánea corresponde á  conferencia inaugural “Instagram, la revolución social fotográfica”. A cargo de Phil González, fundador da rede  mundial de Instagramers e director dixital da productora Amc Networks International para España e Latinoamérica.

Distribuir contido